Con esta frase, que figura na contraportada do libro, o escritor portugués José Saramago quere redimir a Caín do asesinato de seu irmán, e sinalar a Dios como "autor intelectual ao desprezar o sacrificio que Caín lle ofrecera".
Coa súa tan característica prosa, o autor recolle un tema sagrado para algunhas relixións, e tan vello como a noite dos tempos, para darlle un tratamento novidoso, irónico e mordaz. No libro fai percorrer a Caín por distintas pasaxes do Antigo Testamento, no que está sempre latente o enfrontamento entre a creatura e o Creador.
Algún sector da Xerarquía da Igrexa pode sentirse molesto con esta nova obra do nóbel, como xa sucedera con "El evangelio según Jesucristo", pero xa indicou o autor, que el é moi pouca cousa para enfrontarse ao Cristianismo, simplemente pretende ser unha "mosca cojonera", que está acó para lembrarnos que "Dios, el demonio, el bien, el mal, todo eso está en nuestra cabeza, no en el cielo o en el infierno, que también inventamos. No nos damos cuenta de que, habiendo inventado a Dios, inmediatamente nos esclavizamos a él".
En resumo en palabras da súa dona e secretaria, Pilar del Río, aos lectores: "Este Caín no les dejará indiferentes"
No hay comentarios:
Publicar un comentario