15 nov 2009

Mostras de ciencias

Coincidindo co bicentenario do nacemento de Darwin,a biblioteca adícalle este primeiro trimestre ás ciencias naturais.
Na propia biblioteca podedes visitar a exposición do grupo LAPIS VERDES chamada "Aforrando enerxías" , con debuxos de Leandro Lamas, que nos dá consellos sinxelos e eficaces para non malgastar os recursos dos que dispoñemos. Os nosos compañeiros da AXENDA 21 están a facer campaña no mesmo sentido.
E no vestíbulo do centro temos a mostra "Darwin e as ciencias naturais", con libros do autor e outros de botánica, zooloxía...pero non só hai libros e películas sobre a natureza e o medio ambiente, tamén están unha colección de fósiles, maquetas de froles, de froitos, do corpo humano e mesmo un aparello chamado micrótomo.
Na pantalla da entrada estes días proxéctase unha presentación de powerpoint sobre Darwin, cos seguintes apartados:
-Vida e obra de Darwin.
-Darwin despois de Darwin.
-O darwinismo social.
-Perfil humano de Darwin.
Grazas a todos os que colaborastes con materiais, suxestións e co voso traballo.







1 comentario:

  1. Moi bonito, pero creo qu teríades que arranxar as goteiras.

    ResponderEliminar