20 jun. 2017

ALIMÉNTATE BEN- PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

Este luns, 19 de xuño, tivemos a última sesión do Plan Proxecta- Aliméntate ben.

O alumnado de 4º ESO disfrutou da experiencia dos bocatas saudables feitos de conservas do mar. E probaron algúns!

Aquí tendes algunhas fotos dese día.





16 jun. 2017

IV TORNEO DE XADREZ

Tras unha intensa final, xa temos os gañadores do IV Torneo de Xadrez, que se levou a cabo ao longo deste curso.

1º premio- Luís Cortizas (profesor do departamento de Inglés)

2º premio- Juan Manuel Cereijo (alumno de 1º Bacharelato C)

3º premio- Andrés Felipe Soto (alumno de 1º Bacharelato E)

4º premio- Pedro Osorio (alumno de 1º Bacharelato A)

Parabéns a todos e moitas grazas á ANPA pola súa colaboración!!

Tres dos premiados xunto coa representante da ANPA


14 jun. 2017

TEATRO NO INSTITUTO

Como ben sabedes, este ano, a profesora Belén Roca puxo en marcha un grupo de teatro no noso instituto. O resultado do seu traballo e o dos seus alumnos foi a obra "A FACEDORA DE BONECAS".

En vista do seu éxito, esperamos que o vindeiro ano siga con esta estupenda iniciativa!

Parabéns a tod@s polo resultado e polo esforzo!









5 jun. 2017

III CERTAME LITERARIO CARMELA LOUREIRO

E xa e o terceiro!

Esta é unha presentación feita pola compañeira Elvira Roiz Mesía con motivo do III Certame Carmela Loureiro, no que resultaron premiados alumnos do noso centro nas modalidades de microteatro, micropoesía e microrelato.

Esperamos que vos guste e moitos parabéns de novo para os premiados!




16 may. 2017

LETRAS GALEGAS 2017

Como ven sabedes, este ano, o autor conmemorado neste día é Carlos Casares, un dos máis importantes da nosa literatura.

Para recordalo, queremos que vexades esta fermosa presentación feita pola nosa compañeira Elvira Roiz Mesías.

Desfrutade dela!








Link á presentación

12 may. 2017

ALIMÉNTATE BEN: O SABOR DO MAR!

Dende a biblioteca recomendamos aos centros este obradoiro que viñeron facer para o alumnado de 1º e 2º ESO varios membros da empresa Marexada.

Foi unha actividade moi entretida e lúdica, e sobre todo, educativa. O noso alumnado foi quén de descubrir os actores, medios e usos da nosa pesca, así como as propiedades alimenticias dos nosos peixes. Todo dun xeito moi divertido!

Aquí tendes algunhas fotos da actividade.

Grazas á empresa colaboradora!



1 may. 2017

25 ABRIL

O mes de abril deixa sentir coa súa chegada a primavera, chea de cores e  sensacións que  nos transmiten os pétalos das flores e, como non, as follas dos libros.

E a cor que mellor resume o recital que tivo lugar na biblioteca é o vermello, pois festexabamos o "Giorno della liberazione" italiana, e a todos os nosos lectores regalábamoslles un caravel encarnado.Non hai que esquecer que o día coincidía co da revolución portuguesa.

As lecturas foron especialmente conmovedoras e emocionantes, xa que se leron en italiano cartas de partisáns condeados a morte.Outras cartas lidas foron as de Miguel Hernández á súa muller, Josefina Manresa, en castelán, e en galego unha de Alexandre Bóveda. Estiveron tamén presentes cos seus poemas Primo Levi e Giuseppe Ungaretti.

Tivemos a sorte de poder contar cun grupo de lectoras da EOI de Ferrol, pertencentes á Asociación Cultural L'Armata Brancaleone.Queremos agradecerlles a súa contribución, así como a dos profes Giada e especialmente Marco. Polo noso centro, organizaban o equipo da biblioteca e os departamentos de linguas.

E aquí tendes a fotos desta  experiencia lectora, que nos deixou a todos un agradable pouso e   as ganas de repetila.

21 abr. 2017

DÍA DO LIBRO

Con motivo do día do libro, que se celebra o día 23 de Abril, queremos facervos unhas recomendacións lectoras dende a biblioteca. Este ano traballamos coa "Música nos libros".

Desfrutade delas!

7 abr. 2017

SEMANA DA CIENCIA

Esta semana, como tódolos anos,  celebrouse no noso instituto a Semana da Ciencia. O profesorado que imparte as diferentes materias de ciencias levou a cabo distintas actividades co alumnado. Asemade, amosáronse  traballos e proxectos feitos por eles. 

Neste senso, deixamos aquí unhas fotos que mostran como Arte e Ciencia non están separados. 

























Felices vacacións!







5 abr. 2017

CONCERTO TMM E OUTRAS ACTIVIDADES

Onte, Martes, 4 de Abril, tivemos a sorte de asistir a un estupendo concerto do grupo TMM, do Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño de Ferrol , ao que acudiu o alumnado de Música de todo o centro.

O concerto foi organizado polo Equipo da Dinamización da Biblioteca, o Departamento de Música e Vicedirección.

Este é o cartel, e en breves subiremos fotos do evento

Asemade, pola tarde, os alumnos de 2º ESO asistiron ás charlas de Aforro Enerxético impartidas polo que foi profesor do centro Camilo Casal.


E por último, deixamos colgado o cartel para o concurso organizado pola Biblioteca para renovar o noso logo. Aquí tedes as bases, e tamén as tedes nos taboleiros das vosas aulas. Participade!!!




24 mar. 2017

CHARLAS DO MES DE MARZO

Deixamos colgadas unhas fotos sobre as charlas que se celebraron esta semana  na nosa Biblioteca, organizadas por Vicedirección, Orientación (AFAES) e o departamento de Física e Química (Polímeros)

Charla sobre "Polímeros" na que o ponente foi José Ramón Leis Fidalgo, profesor da Facultade de Química da USC, destinada a alumnos de bacharelato de ciencias. 
Charlas sobre "Saúde mental e drogas" da organización AFAES. Asistiu o alumnado de 3º ESO.




21 mar. 2017

CONCURSO SOBREMESAS DO DÍA DO NÚMERO PI



Aquí vos deixamos a presentación prometida con todos os participantes e premiados do Concursos de sobremesas do número Pi!

Grazas ó alumnado de 1º ESO, 1º  Bacharelato e ao profesorado participante!





View more presentations or Upload your own.

15 mar. 2017

14 de Marzo. ( Día do número Pi )

Fantástico!, é o resultado desta primeira celebración que fixemos  este ano do día do número Pi.

Os alumnos de Matemáticas de 1º ESO e Bacharelato, presentaron a concurso tartas e sobremesas elaborados por eles, baixo o lema do "número Pi".

Asemade, os alumnos de 1º Bacharelato, fixeron unha pequena representación para explicar a todos os presentes o significado deste número tan coñecido.

Esperamos repetilo o ano que vén! Grazas ao departamento de Matemáticas e ao seu alumnado polo traballo!

A Biblioteca non podía estar máis chea!
Todas as sobremesas que participaron

Os premiados do concurso.


Os alumnos de 1º BAC trala súa explicación do número Pi.

8 mar. 2017

8 de Marzo

Con motivo do Día da Muller e a nena na Ciencia, que foi o 11 de febreiro, queremos mostrarvos dende a biblioteca unha presentación feita polo alumnado de ciencias de diversos cursos  que recolle as grandes aportacións de mulleres neste campo.

Que mellor día que hoxe para mostralo!

Asemade, tamén vos deixamos aquí un tríptico con material para conmemorar este día tan importante.


Esperamos que vos gusten!







24 feb. 2017

24 de febreiro

Para festexar esta data tan especial, o "Día de Rosalía", o Equipo de Normalización Lingüística e o Equipo da Biblioteca, organizamos un recital no que colaborarou o  alumnado de 1º e 2º BAC.




Asemade, con motivo desta data, na biblioteca tedes exposta unha selección das obras desta autora.

Esperamos que vos anime a coller os seus libros!

E....Feliz Entroido!!!!


14 feb. 2017

14 DE FEBREIRO!

O Equipo de normalización lingüística, en colaboración coa biblioteca, fixo un excelente traballo co seu alumnado de 3º ESO para celebrar este día, e así de fermoso quedou o resultado.

Grazas polo esforzo e parabéns!


3 feb. 2017

Día dos namorados!!

Moi cerca está xa esa data que para moitos é das máis importantes. E, para dar un pulo a aqueles que queren demostrarlle o seu "amor" a alguén especial, este ano dende a Biblioteca temos corazóns para todos aqueles que queiran facer unha declaración de amor...

Participade e feliz día dos namorados!




27 ene. 2017

DIA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Aproveitando que o día 30 de xaneiro celebramos o "Día escolar da non violencia e a paz", e que é tamén o "Día da Ilustración", elaboramos un tríptico con propostas que atoparedes na nosa biblioteca co mundo da "banda deseñada" como protagonista desta temática.


Esperamos que desfrutedes deles!

Lembrade que durante toda esta semana, poderedes colgar no "muro da paz" que poñeremos no vestíbulo, as vosas citas ou comentarios relacionados coa paz!



20 ene. 2017

I CONCURSO INTERNACIONAL DE REPOSTERÍA

"Delicioso" é a palabra axeitada para definir este I Concurso internacional de repostería organizado pola biblioteca e a ANPA.

A participación foi moi ampla, colaboraron todos os departamentos de linguas,  e o resultado, como poderedes ver nesta presentación, espectacular!

Engadimos, asemade,  unha plantilla para que vexades como traballaou o noso alumnado.

Houbo varias categorías e moitos premiados, así que esperámosvos en próximas edicións!!!