Rematamos o mes de outubro poñendo en marcha as Mochilas viaxeiras e coa visita á nosa biblioteca do profesorado de nova incorporación.
Conmemoramos tamén o Centenario da revolución soviética. Con este fin ideamos o "Outubro vermello". Por unha banda, fixemos unha pequena escolla de materiais, dos que dispoñemos na biblioteca, que podedes consultar no tríptico que adxuntamos. E por outra, o Departamento de Artes plásticas preparou unha mostra, situada no vestíbulo do centro, na que se amosan movementos artísticos e obras senlleiras contemporáneas a devandita data.
No hay comentarios:
Publicar un comentario