26 mar 2014

Entrega de premios do concurso de Comparsas


Xa sabedes que hai anos que celebramos o venres anterior ao Entroido un concurso de comparsas.

Esta é unha das actividades que conta con maior participación do alumnado, que loce a súa imaxinación ideando divertidas postas en escea diante dun entusiasta público, moito do cal está tamén disfrazado.

O día 14 tivo lugar na biblioteca a entrega de premios:
O premio á mellor actuación déuselle á comparsa "Ghostbuster".
O xurado decidíu que o mellor disfraz era o da comparsa "Omega".
E para rematar, pero non en terceiro lugar, xa que  os tres premios son  igualmente importantes, a mellor letra foi a escrita pola comparsa "Regreso al pasado".Os seus compoñentes son os que posan co seu diploma na foto.