ENTREGA DE DIPLOMAS E CONVOCATORIA DE NOV@S VOLUNTARI@S:
O xoves 26 de setembro, fixemos entrega ao noso voluntariado dos diplomas acreditativos correspondentes ao curso 2023/24. Asemade, xa abrimos a convocatoria para este novo curso. Animádevos e participade nesta nova andaina! e PARABÉNS aos que xa participáchedes!
8M - DÍA DA MULLER:
Os voluntarios/as prepararon un panel cheo de simbolismos para conmemorar o día da muller.
AXUDANDO NA ELABORACIÓN DUN MUNDO DE CORAZÓNS
Para o Día da Paz, elaboramos uns corazóns coa axuda dos voluntarios e de alumnado que deixaron as súas mensaxes de Paz. Grazas a tod@s pola vosa colaboración!
OBRADOIRO DE PAPIROFLEXIA PARA O 25N:
Coa axuda dos voluntarios, a semana anterior ao 25 N, estivemos elaborando bolboretas para recordar as vítimas falecidas a máns dos seus agresores. Os axudantes prepararon o panel que adicamos para conmemorar este día en contra da violencia de xénero.
Moitas grazas a tod@s pola vosa participación!
QUENDAS DOS AXUDANTES 2022/23
ENTREGA DE DIPLOMAS
Esta semana recibimos na biblioteca ao voluntariado do curso pasado para facerlle entrega dos correspondentes diplomas acreditativos. Parabéns a todxs!!!
BUSCAMOS VOLUNTARI@S PARA O CURSO 22/23:
Se che gustan os libros e a biblioteca, este é o teu lugar.
Colabora con nós participando nas actividades, na colocación de libros, na vixianza
e moitas outras cousas.
Podes consultar o historial do curso pasado máis abaixo.
Non o dubides! Anótate na biblioteca ata o 23 de setembro.
DESPEDIDA DO EQUIPO DE VOLUNTARI@S
Nesta fase final do curso, queríamos agradecer todo o traballo e colaboración dos nosos voluntari@s cunha pequena recompensa en forma de almorzo. Esperamos contar con vós de novo o curso vindeiro e que rematedes o curso con moito éxito.
Parabéns a tod@s!!!
ACTIVIDADES POLO DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE
Para esta celebración, os nosos voluntari@s colaboraron co seu traballo preparando e decorando unha papeleira especial plásticos para concienciar ao alumnado da necesidade de reciclar
e de coidar o noso planeta.
ACTIVIDADES DA SEMANA DO LIBRO
Os voluntarios participaron nas actvidades ALFIN programadas pola biblioteca, explicándolles aos compañeiros/as o manexo da CDU e axudándolles nas tarefas de procura.
Moitas grazas pola vosa colaboración!
MOSTRA 8M
Colgando os traballos que o alumnado de francés realizou sobre mulleres relevantes
ao longo da historia de Francia
ACTIVIDADE PARA SAN VALENTIN
Nesta ocasión, o voluntariado axudounos na exposición e elección das mellores mensaxes
adicadas ao amor ou á amistade.
ACTIVIDADES PARA O NADAL
Estes días o noso voluntariado estivo a traballar para preparar a chegada do Nadal a nosa Biblioteca.
ACTIVIDADES 25 N
Preparando a exposición temática sobre o Día contra a violencia de xénero
ENTREGA DE DIPLOMAS
O xoves 30 de setembro, tivo lugar a entrega de diplomas aos Voluntarios do curso 2020/21 xunto cun pequeno agasallo.
Agradecémosvos moitísimo a vosa participación e esperamos contar de novo con vós neste curso 2021-2022!!!
Agradecemos a participación do alumnado voluntario que participa nas actividades da biblioteca. Aquí vos deixamos unha mostra da gran axuda que nos prestan.
Preparando o 25 de novembro, día contra a violencia de xénero
No hay comentarios:
Publicar un comentario