25 nov 2025

ACTIVIDADES PARA O 25N

 Para darlle visibilidade a este día e promover a participación do noso alumnado, durante esta semana levaranse a cabo diversas actividades entorno a esta data.

Por unha banda o alumnado que colabora na radio do IES Concepción Arenal realizou unha entrevista para concienciar  sobre esta problemática. Deixamosvos aquí o enlace para que a escoitedes e anunciarvos que creamos unha nova sección onde teredes á vosa disposición as gravacións realizadas polos participantes da radio.

PREME NA IMAXE

Por outra banda, facemos un chamamento á participación do alumnado e profesorado na elaboración dun mural onde deixaremos as nosas mensaxes de rexeita da violencia de xénero. Esperamos a vosa colaboración.


No hay comentarios:

Publicar un comentario