30 sept 2026

VISITA DE 1º ESO

 A semana pasada, recibimos a visita dos tres grupos de 1º ESO que descubriron a Biblioteca, a súa historia e funcionamento e recibiron información das diferentes actividades que  realizamos durante todo o curso. Dámoslles a benvida aos novos usuarixs desexando que participen nas nosas actuacións.





18 sept 2026

VISITA DOS GRUPOS DE 1ESO:

A vindeira semana temos programadas as visitas dos grupos de 1º ESO para que 
coñezan a Biblioteca e as  actividades que realizamos durante o curso.

BUSCAMOS VOLUNTARIOS/AS

 Como cada curso, buscamos colaboradores da Biblioteca en tarefas de organización, colocación, participación de elaboración de material... Se che interesa, anótate na Biblioteca.

Esperámoste!



15 sept 2026

BENVID@S AO NOVO CURSO 2026/27

Dende a Biblioteca, queremos darvos a benvida a toda a comunidade educativa a este novo curso 2026/27!
Esperamos que veñades coas pilas cargadas para afrontar os novos retos e todas as actividades que iremos propoñendo. 

Queremos comunicarvos que este curso traballaremos sobre o tema do Benestar Emocional. Actualizaremos información.