29 nov 2016

ACTOS NO DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Tal como anunciamos neste blog, o 25 de novembro realizáronse diversos actos para mostrar o apoio ás víctimas da violencia de xénero, e de rexeitamento cara esta difícil problemática.

Asemade, publicamos un enlace ao blog do profesor do noso centro Manuel González (artistaconclase.blogspot.com), no que aparecen dous dos seus estudantes,  gañadores dos Premios do "Certame galego das artes pola Igualdade de xénero 2016", celebrado en San Sadurniño.


 Os galardóns na categoría xuvenil recaeron en "On line", de Carmen Leira e "Nin o penses de Marcelo Rodríguez

Parabéns!

Aquí vos deixamos as fotos das actividades


Concentración no patio do instituto

Recital na biblioteca

Recital na bilbioteca

23 nov 2016

25 de NOVEMBRO. Carteis contra a violencia de xénero.


Por segundo ano consecutivo, o alumnado do Bacharelato de Artes implícase na loita contra a violencia de xénero a través dos seus magníficos traballos.


Parabéns polas súas obras!

Lembrade que este venres 25, gardarase un minuto de silencio en lembranza das víctimas da violencia de xénero. Por iso, ademáis, pídesevos que ese día vistades negro.

Grazas a tod@s.



View more presentations or Upload your own.

22 nov 2016

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Con motivo deste día, no que se tenta facer máis visible o gran problema da violencia de xénero, colgamos un tríptico que contén lecturas, películas e materiais dos que dispoñemos na Biblioteca, así como teléfonos e páxinas de interese sobre este tema.


Lede, mirade e informádevos. É necesario.



11 nov 2016

CONCURSO DE MARCAPÁXINAS E CAMPIONATO DE XADREZ

Información importante para todo o alumnado do centro!

A ANPA e a Biblioteca convocan, como o ano pasado, un Concurso de marcapáxinas no que podedes participar tod@s.

Asemade, este ano retómanse os Campionatos de xadrez.

Así que... animádevos a participar en calqueira deles ou nos dous e dádevos prisa antes de que rematen os prazos! Os gañadores obterán diferentes premios.

Lede as bases que aparecen nos carteis e participade!!!


4 nov 2016

ACTIVIDADES DE OUTUBRO

Durante este mes de outubro, puxéronse a andar unha morea de actividades dende a nosa biblioteca:


  • Arrancou un curso máis o Club de Lectura "A todo filispín", o "Club de Manga", e como novidade, algúns dos nosos alumn@s constitúen un Club de animación xaponesa chamado            " Brigada AJC".  Se estades interesad@s. pasádevos pola biblioteca!!!
  • Formación documental e de usuarios na biblioteca para o alumnado de 1º ESO .
  • Inauguración das sesións sobre Igualdade para o alumnado de 4º ESO. Imparten estas charlas profesionais da Área de Muller do  Concello de Ferrol que virán unha vez ao mes durante todo o curso.
  • Comezo da actividade "Mochilas Viaxeiras" cos alumnos de 1º ESO.

Así que...aquí vos deixamos unha mostra!


Comezo da actividade "Mochilas Viaxeiras"



Visita á biblioteca dos alumnos de 1º ESO


Sesións de Igualdade para alumnado de 4º ESO