23 jun 2020

Recomendacións de Verán

Xa chega o final de curso, os raios de sol e as brisas de mar,
e con isto, non poden faltar
as nosas recomendacións de verán...
lecturas amenas, interesantes e instructivas
para encher as horas baleiras e días de lecer.
Lembrade ser prudentes e moi bo verán a tod@s!!!
Vémonos en setembro...

ver en pdf


3 jun 2020

5 xuño: Día mundial do medioambiente

Para celebrar de xeito moi especial este día, elaboramos este cartel informativo 
que vos deixamos a continuación. 
Nel tamén atoparedes, entre outros,  lecturas que espertarán , sen dúbida, o voso interese. 

Ese día, lembrade que haberá un eclipse lunar chamado "lúa de amorodo"

Coidemos do noso planeta para poder disfrutalo máis tempo...