Os máis pequenos do instituto estanos a visitar durante esta semana para coñecer mellor a biblioteca e afacerse a utilizala.
A
pesares de ser grupos moi numerosos, de vinteoito alumnos
aproximadamente, estiveron moi atentos e amosaron interese e
curiosidade.
Moitos deles aproveitaron a ocasión para facerse socios ou apuntarse no club de Lectura.
Este curso tamén estamos a preparar para eles actividades de procura e/ ou algunha xincana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario