6 nov 2009

VISITAS DOS ALUMNOS DE PRIMEIRO

Como todos os anos por estas datas,os alumnos de primeiro da ESO viñeron a coñecer a biblioteca.Durante a visita explicámoslles a organización dos libros, seguindo a CDU; amósamoslles como se fai unha percura co programa MEIGA e puxémoslles ao tanto das normas de uso. Ademáis aproveitamos a ocasión para ensinar algús exemplares bibliográficos curiosos que normalmente temos gardados. Moitos alumnos rechearon o boletín de inscripción e xa podemos contar con eles como usuarios.
Resulta moi de agradecer a curiosidade e a espontaneidade dos máis pequenos dos nosos estudantes que oxalá manteñan vivas moito tempo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario