Aínda que a maioría de nós sabe quen é Nelson Mandela, pouco ou moi pouco sabemos da súa importante participación nos acontecementos que levaron a que Sudáfrica deixase de ser o páis do apartheid, para se transformar nunha verdadeira democracia, na que os dereitos da súa poboación negra estivesen á mesma altura que os da poboación branca.
As claves de todo anterior as tedes no libro tutilado El factor humano. Nelson Mandela y el partido que salvó a una nación. Foi escrito polo xornalista inglés John Carlin no ano 2008. O título ten relación co rugby, pois na época na que estaban a comezar os cambios en Sudáfrica, 1995, xogouse alí o mundial de rugby que gañou o país anfitrión. Ata esas datas o rugby era un deporte practicado exclusivamente pola mínoría branca do país e odiado polos negros, xa que era un símbolo máis do apartheid. Mandela comprendeu que un dos xeitos de unir a brancos e negros era a través do rubgy, e así o fixo, conseguindo que os Springboks gañasen a copa do mundo para todo o país, co apoio de todos os surafricanos sen distinción de razas.
Lendo este libro ademais aprenderedes da xenerosidade de Nelson Mandela, da súa intelixencia e da súa altura de miras: todos os pasos que deu desde 1985 cando levaba 23 anos en prisión, comezando por aprender afrikaner, a lingua dos brancos surafricanos, foron para gañarse aos seus inimigos, os que o levaron a prisión, antes que se enfrontar con eles e provocar unha guerra civil no país.
Como resultado da lectura deste libro a miña admiración pola figura de Nelson Mandela aumentou, como espero que vos suceda a vós se decidides lelo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario