4 may 2015

Sesión Kafkiana intercentros



Dentro da semana do libro, o martes 21, o Club de Lectura do noso instituto recibíu nunha sesión conxunta ao IES Sofía Casanova para compartir opinións acerca do libro proposto, A Metamorfose de Kafka, no que foi o primero encontro intercentros.
Foi un pracer recibir no noso centro ao redor de 35 alumnos e profesores que compartiron con nós o pracer pola lectura.
Aproveitando o horario lectivo da tarde, común a ámbolos dóus centros, reunímonos na cafetería á hora do xantar para poder coñecernos un pouco mellor, e logo tivemos na biblioteca a sesión oficial do Club de Lectura.
Na sesión compartimos distintas interpretacións e curiosidades do libro e apreciamos o esforzo que os nosos invitados invertiran en preparar o tema. Eles fixeron ademáis unha presentación  coas súas propias recomendacións de novelas gráficas e cómics para introducirnos un pouco neste outro tipo de literatura.
Aínda que a mín persoalmente non me entusiasmou a novela de Karfa, a súa lectura sí que deu lugar a tratar temas como a marxinación, a indiferencia, a exclusión das persoas enfermas, etc. Interesoume moito a reacción do protagonista por non alarmarse ante a súa nova imaxe, penso que asume a súa natureza porque era unha consecuencia da súa vida, unha manifestación do seu interior. Coincido en que o protagonista estaba sumido na súa desgraza e que lle faltou unha man amiga que lle sacara do pozo no que estaba sumido, ese apoio que todos nós deberíamos ter nas nosas vidas.

Dende aquí darlle as grazas a todos os participantes, agardando con emoción o vindeiro encontro.

Alba Muñoz 1ºBACH
(autora do blog literario milmundosblog.blogspot.com.es)



No hay comentarios:

Publicar un comentario