Para celebrar o aniversario do nacimiento da ilustre poetisa Rosalía de Castro, o 24 de Febreiro os alumnos de 1ºBacharelato fixeron na biblioteca unha representación do acto III da obra de teatro "No devalar dos tristes", da profesora de galego Belén Roca.
Xunto a representación tivo lugar unha lectura de diversos poemas da escritora e a audición dalgúns poemas cantados que están recollidos en "Os ollos que falan" de Tempo Catro Sexteto.
Dende aquí queremos darlle as grazas ao Equipo de Normalización Lingüística polo seu traballo e a súa proposta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario