26 may 2015

Lembrando a Eduardo Galeano e a Gunter Grass

Hai uns días o mundo das letras tinguiuse de loito: Abandonáronnos Eduardo Galeano e Gunter Grass, figuras claves da literatura americana e europea respactivamente. Como homenaxe a estes dous grandea autores, reproducimos uns fragmentos das súas obras. O primeiro, o relato que Galeano lle adica a Concepción Arenal no seu libro "Mulleres":
 "Pasou a vida loitando con alma e vida contra o inferno dos cárceres e pola dignidade das mulleres, presas de cárceres disfrazados de fogares. Contra o costume de absolver xeneralizando, ela chamaba ao pan, pan e ao viño, viño: -Cando a culpa é de todos, é de ninguén -dicía. Así conquistou uns cantos inimigos. E aínda que co tempo o seu prestixio xa era indiscutible, ao seu país custáballe crelo. E non só ao seu país: á súa época tamén. Alá por 1840 e algo, Concepción Areal asistira aos cursos da Facultade de Dereito, disfrazada de home, o peito esmagado por un dobre corpiño. Alá por 1850 e algo, seguía disfrazándose de home para poder frecuentar os faladoiros madrileños, onde se debatían temas impropios a horas impropias. E alá por 1870 e algo, unha prestixiosa organización inglesa, a Sociedad Howard para a Reforma das Prisións, nomeouna representante en España. O documento que a acreditou foi expedido a nome de sir Concepción Arenal. Corenta anos despois, outra galega, Emilia Pardo Bazán, foi a primeira muller catedrática nunha universidade española. Ningún alumno se dignaba escoitala. Daba clases a ninguén."
E un anaco da novela que deu sona a Gunter Grass, "O tambor de folla de lata"
" E hoxe Óscar di simplemente: a bolboreta tocaba o tembor.Ouvín tocar o tambor a coellos, raposos e marmotas.Tocando o tambor, as ras poden concitar unha tempestade.Din do paxaro carpinteiro que, tocando o tambor, fai saír aos vermes dos seus agochos.E finalmente o home toca o bombo, os pratos, atabales e tambores.Fala de revólveres de tambor, de lume de tambor; co tambor sácase á xente das súas casas, ao son do tambor congrégalla e ao son do tambor mándalla á tumba."


No hay comentarios:

Publicar un comentario