Lembrade que a entrega de premios e diplomas deste concurso e máis do de cómic será o vindeiro mércores no segundo recreo na biblioteca.
Blogue da Biblioteca "Saturnino Hermida" do I.E.S. Concepción Arenal (Ferrol). Email:biblioteca.saturninohermida@gmail.com biblioteca.ies.concepcion.arenal@edu.xunta.gal
14 dic 2017
Concurso marcapáxinas "Aprende a pensar coa biblioteca escolar"
Aquí tedes os traballados que resultaron premiados no Concurso de deseño de marcapáxinas. Parabéns a tod@s @s participantes e, en especial, as premiadas. Máis adiante xa vos amosaremos todos os traballos presentados.
Lembrade que a entrega de premios e diplomas deste concurso e máis do de cómic será o vindeiro mércores no segundo recreo na biblioteca.
Lembrade que a entrega de premios e diplomas deste concurso e máis do de cómic será o vindeiro mércores no segundo recreo na biblioteca.
1 dic 2017
Kazuo Ishiguro
Para achegarnos á figura do último premio Nobel de literatura,que vai recibir o día dez deste mes, poñemos á vosa disposición esta marabillosa presentación de powerpoint, feita como é habitual pola nosa compañeira Elvira Roiz, amiga especial desta biblioteca.
ISHIGURO
View more presentations or Upload your own.
24 nov 2017
Contra a violencia dixital
A biblioteca quérese sumar ao rexeitamento da violencia de xénero sexa do tipo que sexa.
Os expertos din que nos últimos anos está a aumentar entre os máis novos esta violencia , especialmente a que se produce a través das redes sociais. Aportamos algúns datos e consellos:
ç
Hoxe ás 12.30 terá lugar na biblioteca un recital literario no que os nosos estudantes lerán fragmentos orixinais e tamén de autores da antiguedade grecolatina.Algunhas alumnas achegaranse aos mitos clásicos de Ariadna, Atenea ou as sereas, e a figura histórica de Cleopatra.
E no vestíbulo estase a proxectar unha presentación de viñetas dedicadas a este tema.
Viñetas contra a violencia de xénero
View more presentations or Upload your own.
22 nov 2017
Concurso de cómic
Este mes de novembro podedes deixar voar a pracer a vosa creatividade porque ademáis do concurso de marcapáxinas o Departamento de Orientación e vicedirección convocaron este concurso para axudar a concienciar e espertar a sensibilidade contra ese grave problema social que é a violencia de xénero.
16 nov 2017
10 nov 2017
Formación de usuarios
Os máis pequenos do instituto estanos a visitar durante esta semana para coñecer mellor a biblioteca e afacerse a utilizala.
A
pesares de ser grupos moi numerosos, de vinteoito alumnos
aproximadamente, estiveron moi atentos e amosaron interese e
curiosidade.
Moitos deles aproveitaron a ocasión para facerse socios ou apuntarse no club de Lectura.
Este curso tamén estamos a preparar para eles actividades de procura e/ ou algunha xincana.3 nov 2017
Actividades de outubro
Rematamos o mes de outubro poñendo en marcha as Mochilas viaxeiras e coa visita á nosa biblioteca do profesorado de nova incorporación.
Conmemoramos tamén o Centenario da revolución soviética. Con este fin ideamos o "Outubro vermello". Por unha banda, fixemos unha pequena escolla de materiais, dos que dispoñemos na biblioteca, que podedes consultar no tríptico que adxuntamos. E por outra, o Departamento de Artes plásticas preparou unha mostra, situada no vestíbulo do centro, na que se amosan movementos artísticos e obras senlleiras contemporáneas a devandita data.
24 oct 2017
Día das bibliotecas
Parabéns a todos os que sodes amantes das bibliotecas, hoxe é o voso día.
E para celebralo,aquí vos deixamos unha escolma de libros que xiran arredor do mundo das lecturas e os lectores, e un powerpoint de bibliotecas de cine.
Biblios de cine-2
View more presentations or Upload your own.
20 oct 2017
Kazuo Ishiguro, premio Nobel de Literatura 2017
18 oct 2017
Convocatoria Cub lectura
Chegou o momento de comezar a nova andadura do Club de Lectura "Lendo a todo Filispín"
Este curso vai dirixir o club a profesora de lingua e literatura Norma, pero teremos como de costume as colaboracións de máis profesores. E ademáis de lecturas, recitáis, saídas, xornadas con outros clubs, experimentaremos con novidades como o booktrailer e todo o que se nos vaia ocurrindo.
Non faltedes, a primeira reunión é o mércores 25 no segundo recreo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)









