29 sept 2013

CINE E LITERATURA



Este curso a biblioteca do noso Centro levará a cabo una exposición de libros e filmes de todos os tempos que foron levados a gran pantalla.
 
Pretendemos achegar a comunidade escolar tanto a Literatura como o cine, que  son dúas artes que moitas veces camiñan xuntas.
Aquí tedes un enlace para traballar o cine nas aulas:

23 sept 2013

Celebramos hoxe o 40 aniversario da morte de Pablo Neruda



Premio Nobel de Literatura 1971, a súa  obra é lida e recitada non só no seu Chile natal e en América Latina, senón en moitísimos lugares de todos os continentes.
Gabriel García Márquez dixo del que foi "o mellor poeta do  século XX en calquera idioma".
A biblioteca os invita a coñecer máis sobre a súa persoa e a súa obra.
Podedes consultar nestas páxinas:
 http://www.neruda.uchile.cl/
http://www.pablonerudapoemas.com/
http://cvc.cervantes.es/actcult/neruda/


18 sept 2013

Comezamos!!!


Acabáronse as vacacións e agora toca comezar un novo curso.

Dende a biblioteca tan só queremos darvos unha gran aperta cargada de boas lecturas, películas, videoxogos, música, revistas e xornais para que este curso  ampliedes os vosos coñecementos. 
  
 Recordar que a  nosa biblioteca está aberta a toda a comunidade educativa, da que tamén naís, país, titores, profesores e persoal non docente forman parte. Agardámosvos!

15 jul 2013

150 anos do nacemento de Konstantino Kavafis (1863-1933)

Chegaron xa as vacacións e para pechar a actividade do blog este curso adicámoslle unha entrada ao poeta co que despedimos o club de lectura, Konstantino Kavafis. Kavafis foi quen de imaxinar e soñar o pasado clásico cunha enorme verdade.Él mesmo definíase como un "historiador poeta". O poder evocador da súa poesía nos debuxa dun xeito vívido aos heroes do mundo grecolatino, que deixando intacta a súa grandeza resultan ao mesmo tempo, en palabras doutro poeta "feramente humáns". E así,admiramos a Antonio que lonxe de deixarse abater cando está a piques de perder o inmenso tesouro de gobernar un imperio, mantén a dignidade que lle dá ser sabedor do seu pasado de conquistador, en O dios abandoa a Antonio; nos conmovemos co dolor de Príamo que vai a buscar o cadaver doi seu fillo benamado(Viaxe nocturno de Príamo);compadecemos ao xove Nerón que se cre inmortal desprezando os presaxios (O prazo de Nerón). Moitos son os poemas onde Kavafis canta aos sentidos, aos aromas e sons, ao amor sensual, ao viño e as tabernas e ao dolor que provoca o paso do tempo e a xuventude perdida, que volve na memoria unha e outra vez, e ás veces o fogonazo da súa lembranza ilumina a vida, vencendo a un presente gris. Por iso o poeta nos invita a gozar do momento, a deternos na viaxe, a disfrutar do percorrido mantendo na mente a ilusión do destiño, no seu máis famoso poema:Ítaca,do que deixamos a continuación a versión musicada de LLuis LLach.


 

7 jun 2013

Entrega de premios do concurso de marcapáxinas

Estes son os gañadores.

1º Premio
MARTIAN
2º Bach D


2ª Premio
BLACK ROSE
1º ESO B





Moitas felicidades as gañadoras e a todo o alumnado que participou na actividade.

22 may 2013

Sobre a condición humana



Tiña certa curiosidade por ler a segunda obra de Paolo Giordano despois do alto que puxera o listón coa súa anterior novela “A  soidade dos números primos”  e francamente non me decepcionou. Supoño que como a anterior levantará unha controversia entre os seus defensores e detractores, eu aliñareime entre os primeiros, entre aqueles que cremos que a súa prosa achega algo distinto ao panorama actual da narrativa.
Non é unha obra agradable, a súa temática non o permite, pero desborda percepción do detalle, sutilidad e unha precisión na descrición do comportamento humano que nos convida á reflexión.
A narración estuda o comportamento dun continxente de tropas italianas enviadas en misión da ONU a un pequeno pobo de Afganistán e aborda o como as situacións extremas alí sufridas moldean a personalidade e o sentido da vida das persoas. O título máis apropiado sería “A condición humana” pois se expón a capacidade de supervivencia e as relacións humanas dun reducido número de persoas nunhas condicións hostís que marcarán o resto da súa existencia. 
Nunha narración concisa pero intensa, cargada de comprensión coa fraxilidade do corpo e da mente, fai inventario dunha pequena galería de personaxes, as súas relacións, as súas propias guerras interiores e as artimañas que cada un deles invéntase para soportar a situación. Non é unha exaltación do valor e da entrega é unha radiografía dun grupo, de como chegou cada un deles até alí, como se expón cada novo día que pode ser o último e cales son as súas esperanzas para o futuro se é que chega.
Giordano, Paolo (2013). Ed Salamandra, Narrativa

17 abr 2013

Concurso de marcapáxinas


  
Unha actividade máis a realizar polas Letras Galegas.
Este ano o Día das Letras Galegas conmemora a figura de Roberto Vidal Bolaño. É un dos promotores  do teatro profesional en Galicia e foi un activo defensor da normalización lingüística na escena galega. Integrante do Grupo Abrente, participou na fundación de varios grupos de teatro, participando neles como autor, director, actor, escenógrafo... sendo recoñecido o seu labor con numerosos premios literarios.

Como inspiración ou para ilustrar os marcapáxinas, propoñémosvos esta pequena escolma de textos feita por Manuel Rei:
1. Xuntos fixemos todos os camiños que levan a algures.
2. Camiño de Compostela hai montes que tocan o ceo e os ríos meirandes có mar océano mesmo.
3. Desque andamos xuntos soño con ter nos meus brazos, con che bicar eses peitos que vento esplendorosos, con te facer miña.
 4. Cantas viaxes non poderei facer aínda, cando me deites na escuma dese encapelado e deixes que me perda nel?
5. Sempre crin que chegado o momento da derradeira viaxe, agradecería pódela facer paseniño.

Adxuntamos unhas ligazóns onde podedes atopar recursos sobre a vida e obra do escritor: