Chegaron xa as vacacións e para pechar a actividade do blog este curso adicámoslle unha entrada ao poeta co que despedimos o club de lectura, Konstantino Kavafis.
Kavafis foi quen de imaxinar e soñar o pasado clásico cunha enorme verdade.Él mesmo definíase como un "historiador poeta".
O poder evocador da súa poesía nos debuxa dun xeito vívido aos heroes do mundo grecolatino, que deixando intacta a súa grandeza resultan ao mesmo tempo, en palabras doutro poeta "feramente humáns".
E así,admiramos a Antonio que lonxe de deixarse abater cando está a piques de perder o inmenso tesouro de gobernar un imperio, mantén a dignidade que lle dá ser sabedor do seu pasado de conquistador, en O dios abandoa a Antonio;
nos conmovemos co dolor de Príamo que vai a buscar o cadaver doi seu fillo benamado(Viaxe nocturno de Príamo);compadecemos ao xove Nerón que se cre inmortal desprezando os presaxios (O prazo de Nerón).
Moitos son os poemas onde Kavafis canta aos sentidos, aos aromas e sons, ao amor sensual, ao viño e as tabernas e ao dolor que provoca o paso do tempo e a xuventude perdida, que volve na memoria unha e outra vez, e ás veces o fogonazo da súa lembranza ilumina a vida, vencendo a un presente gris.
Por iso o poeta nos invita a gozar do momento, a deternos na viaxe, a disfrutar do percorrido mantendo na mente a ilusión do destiño, no seu máis famoso poema:Ítaca,do que deixamos a continuación a versión musicada de LLuis LLach.
No hay comentarios:
Publicar un comentario