Como despedida do ano e deste primeiro trimestre do curso, na biblioteca leváronse a cabo distintas actividades das que vos damos conta deseguido.
Blogue da Biblioteca "Saturnino Hermida" do I.E.S. Concepción Arenal (Ferrol). Email:biblioteca.saturninohermida@gmail.com
27 dic 2017
20 dic 2017
Nadal
Hoxe, día 20, tivo lugar na biblioteca a entrega de diplomas e premios dos concursos de Cómic contra a violencia de xénero e de Deseño de marcapáxinas. Parabéns para todo o alumnado participante así como aos premiados.
Velaí deixámosvos unha presentación onde podedes xulgar por vós mesmos a calidade dos traballos dos puntos de lectura realizados
CONCURSO MARCAPÁX. 17-18
View more presentations or Upload your own.
Aproveitamos tamén a ocasión para amosaros a selección de lecturas, feitas dende a biblioteca, cuxa temática xira ao redor da data que estamos a piques de festexar. Esperamos que sexa de voso agrado e lembrade que un libro sempre resulta unha boa compañía. Felices festas a tod@ s e que o novo ano nos traia novas e marabillosas aventuras lectoras.
19 dic 2017
Charla trasplantes
Este martes día 19, visitou a nosa biblioteca Alejandro Montero Salinas, enfermeiro do CHUAC, para falar sobre a doazón e trasplantes de órganos, e concienciar ó alumnado da importancia dunha práctica que pode salvar moitas vidas.
Foron casi dúas horas, moi amenas, nas que puidemos aprender moitas cousas, e onde os rapac@s tamén foron partícipes, como podedes ver na foto que adxuntamos, practicando a maneira en que se debe levar a cabo unha reanimación cardiopulmonar.
Para todos os que non puidestes gozar desta sesión deixámosvos a ligazón a un vídeo que ensina como facer a RCP só coas mans, protagonizado polo ex-fubolista e actor Vinnie Jones.
https://www.youtube.com/watch?v=QL4LHPvC3zk

14 dic 2017
Concurso marcapáxinas "Aprende a pensar coa biblioteca escolar"
Aquí tedes os traballados que resultaron premiados no Concurso de deseño de marcapáxinas. Parabéns a tod@s @s participantes e, en especial, as premiadas. Máis adiante xa vos amosaremos todos os traballos presentados.
Lembrade que a entrega de premios e diplomas deste concurso e máis do de cómic será o vindeiro mércores no segundo recreo na biblioteca.
Lembrade que a entrega de premios e diplomas deste concurso e máis do de cómic será o vindeiro mércores no segundo recreo na biblioteca.
1 dic 2017
Kazuo Ishiguro
Para achegarnos á figura do último premio Nobel de literatura,que vai recibir o día dez deste mes, poñemos á vosa disposición esta marabillosa presentación de powerpoint, feita como é habitual pola nosa compañeira Elvira Roiz, amiga especial desta biblioteca.
ISHIGURO
View more presentations or Upload your own.
24 nov 2017
Contra a violencia dixital
A biblioteca quérese sumar ao rexeitamento da violencia de xénero sexa do tipo que sexa.
Os expertos din que nos últimos anos está a aumentar entre os máis novos esta violencia , especialmente a que se produce a través das redes sociais. Aportamos algúns datos e consellos:
ç
Hoxe ás 12.30 terá lugar na biblioteca un recital literario no que os nosos estudantes lerán fragmentos orixinais e tamén de autores da antiguedade grecolatina.Algunhas alumnas achegaranse aos mitos clásicos de Ariadna, Atenea ou as sereas, e a figura histórica de Cleopatra.
E no vestíbulo estase a proxectar unha presentación de viñetas dedicadas a este tema.
Viñetas contra a violencia de xénero
View more presentations or Upload your own.
22 nov 2017
Concurso de cómic
Este mes de novembro podedes deixar voar a pracer a vosa creatividade porque ademáis do concurso de marcapáxinas o Departamento de Orientación e vicedirección convocaron este concurso para axudar a concienciar e espertar a sensibilidade contra ese grave problema social que é a violencia de xénero.
16 nov 2017
10 nov 2017
Formación de usuarios
Os máis pequenos do instituto estanos a visitar durante esta semana para coñecer mellor a biblioteca e afacerse a utilizala.
A
pesares de ser grupos moi numerosos, de vinteoito alumnos
aproximadamente, estiveron moi atentos e amosaron interese e
curiosidade.
Moitos deles aproveitaron a ocasión para facerse socios ou apuntarse no club de Lectura.
Este curso tamén estamos a preparar para eles actividades de procura e/ ou algunha xincana.3 nov 2017
Actividades de outubro
Rematamos o mes de outubro poñendo en marcha as Mochilas viaxeiras e coa visita á nosa biblioteca do profesorado de nova incorporación.
Conmemoramos tamén o Centenario da revolución soviética. Con este fin ideamos o "Outubro vermello". Por unha banda, fixemos unha pequena escolla de materiais, dos que dispoñemos na biblioteca, que podedes consultar no tríptico que adxuntamos. E por outra, o Departamento de Artes plásticas preparou unha mostra, situada no vestíbulo do centro, na que se amosan movementos artísticos e obras senlleiras contemporáneas a devandita data.
24 oct 2017
Día das bibliotecas
Parabéns a todos os que sodes amantes das bibliotecas, hoxe é o voso día.
E para celebralo,aquí vos deixamos unha escolma de libros que xiran arredor do mundo das lecturas e os lectores, e un powerpoint de bibliotecas de cine.
Biblios de cine-2
View more presentations or Upload your own.
20 oct 2017
Kazuo Ishiguro, premio Nobel de Literatura 2017
18 oct 2017
Convocatoria Cub lectura
Chegou o momento de comezar a nova andadura do Club de Lectura "Lendo a todo Filispín"
Este curso vai dirixir o club a profesora de lingua e literatura Norma, pero teremos como de costume as colaboracións de máis profesores. E ademáis de lecturas, recitáis, saídas, xornadas con outros clubs, experimentaremos con novidades como o booktrailer e todo o que se nos vaia ocurrindo.
Non faltedes, a primeira reunión é o mércores 25 no segundo recreo.
29 sept 2017
Benvidos ao curso 2017-18
Un ano máis, desde a biblioteca, saudámosvos e desexámosvos que teñades un bo curso.
Como primeira actividade do ano, recibimos aos alumnos de primeiro da ESO o día das presentacións e ademáis de proporcionarlles información do funcionamento da biblioteca, xogamos a adiviñar títulos de libros representados por iconas.
Se queredes probar fortuna, esta é a ligazón:
http://www.eraseunavezqueseera.com/2015/06/11/titulos-libros-emoticonos/
28 jun 2017
Vocabulario basico de Biblioloxía
Vocabulario basico de Biblioloxía
- (Tirado por Bernardo Máiz do "Diccionario de Bibliología y ciencias afines", José Martínez de Sousa, 1989)
- ARQUIVO Lugar para a conservación e inventario de documentos
- BESTSELLER Libro de grande éxito
- BIBLIOFAXIA Costume de ler libros sen aproveitamento
- BIBLIOTECA Local onde se xuntan libros
- BIBLIOTECARIO/A Persoa con formación especializada que ten ao seu cargo unha biblioteca
- BIBLIOTECONOMÍA Coñecimentos teórico-prácticos sobre bibliotecas
- BOLETÍN Puiblicación periódica editada por unha institución con fins formativos. Nos Centros docentes equivale ás veces a notificación punitiva...
- CATÁLOGO Enumeración descriptiva de fondos bibliográficos
- CLASIFICACIÓN DECIMAL UNIVERSAL (CDU) Sistema numérico, de uso internacional, para encadrar os libros na súa materia
- CONTRAPORTADA Páxina frente á portada onde van datos sobre autor, colección, etc.
- COPYRIGHT Indicador de que a propiedade itelectual da obra está protexida
- CÓDICE Libro manuscrito xeralmente feito antes da invención fda imprenta
- DEPÓSITO LEGAL Entrega d eexemplares, obligatoria, ás bibliotecas nacionais
- EDICIÓN Obra preparada para a súa publicación. Conxunto de exemplares dunha obra. Chámase "príncipe" cando é a primeira ou a máis perfecta
- ENCADERNACIÓN Cuberta de cartón, pel plástiuco, etc. que levan os libros
- ETIQUETA Rótulo pegado no lombo dun libro con datos de identificación
- FICHA Cartolina onde están anotados o autor, obra, etc.
- FOLLA As dúas páxinas (anverso e reverso)
- FOLLETO Impreso que non ten periodicidade
- HEMEROTECA Departamento dunha biblioteca onde se gardan as publicacións periódicas
- IMPRENTA Invento de -entre outros- Gutemberg, darredor do 1440. Sistema de reproducir, por medio de presión, caracteres impregnados de tinta
- INCUNABLE Cada libro impreso mecanicamente antes do 1500
- ÍNDICE Lista ordenada de capítulos, contidos, ilustracións, etc. con indicación da páxina
- ISBN Código internacional, único para cada edición, que identifica unha obra concreta
- LER Interpretar mental ou verbalmente un texto escrito
- LIBRO Conxunto de follas manuscritas, impresas cinguidas polo lombo e con cuberta, formando un volumen
- LOMBO Parte da cuberta que cubre ba unión das follas dun libro
- MARXE Espaciio en branco a cada lado dunha páxina
- PAPEL Folla delgada, feita de trapos,celulosa, papeis vellos, prensados, desfeeitos, convertidos en pasta, cortado en determinada medida
- PORTADA Páxina onde consta o nome do autor, obra.
- PÁXINA Cada cara dunha folla
- PÉ DE IMPRENTA Nome do impresor, lugar e data de feitura do libro
- REPRODUCCIÓN Copia exacta dunha obre orixinal
- REVISTA Publicación periódica non cotiá
- SIGNATURA Cifras e letras sistematizadas que serven para localizar unha obra
- SOLAPA Prolongación da cuberta e da sobrecuberta, doblada para dentro
- TAPA Superficies ríxidas que protexen externamente ao libro
- TEXTO Conxunto de palabras que forman un escrito
- TIRADA Exemplares dos que consta unha edición
- TOMO Parte na que pode dividirse unha obra
- TÍTULO Palabra ou conxunto delas coas que se nomea un libro, revista, etc
- VOLUME Ás veces o mesmo quee "tomo". Tamén aquelo que está encadernado xunto
- XORNAL Publicación, xeralmente informativa, de periodicidade cotiá.
23 jun 2017
AS NOSAS RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA ESTE VERÁN
Aquí tedes as nosas recomendacións para que non vos esquezades de ler este verán. Esperamos que desfrutedes desta selección feita con todo o noso cariño para vós!
FELICES VACACIÓNS E BOAS LECTURAS!!!
X XORNADA DOS CLUBS DE LECTURA
O sábado, 17 de xuño , no Palacio de Congresos de Santiago, asistimos á entrega do premio dos Clubs de Lectura 2017 a Miguelanxo Prado.
Disfrutamos vendo as "performances" de Pista Catro e os alumnos participaron nos obradoiros poético, de rap e de banda deseñada.
E para rematar , tiveron un encontro con Marcos Calveiro e fixeron unha quedada con distintos clubs de lectura doutros centros.
Deixamos un par de fotos dese día de disfrute para todos!

20 jun 2017
ALIMÉNTATE BEN- PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA
Este luns, 19 de xuño, tivemos a última sesión do Plan Proxecta- Aliméntate ben.
O alumnado de 4º ESO disfrutou da experiencia dos bocatas saudables feitos de conservas do mar. E probaron algúns!
Aquí tendes algunhas fotos dese día.
O alumnado de 4º ESO disfrutou da experiencia dos bocatas saudables feitos de conservas do mar. E probaron algúns!
Aquí tendes algunhas fotos dese día.
16 jun 2017
IV TORNEO DE XADREZ
Tras unha intensa final, xa temos os gañadores do IV Torneo de Xadrez, que se levou a cabo ao longo deste curso.
1º premio- Luís Cortizas (profesor do departamento de Inglés)
2º premio- Juan Manuel Cereijo (alumno de 1º Bacharelato C)
3º premio- Andrés Felipe Soto (alumno de 1º Bacharelato E)
4º premio- Pedro Osorio (alumno de 1º Bacharelato A)
Parabéns a todos e moitas grazas á ANPA pola súa colaboración!!

Tres dos premiados xunto coa representante da ANPA |
14 jun 2017
TEATRO NO INSTITUTO
Como ben sabedes, este ano, a profesora Belén Roca puxo en marcha un grupo de teatro no noso instituto. O resultado do seu traballo e o dos seus alumnos foi a obra "A FACEDORA DE BONECAS".
En vista do seu éxito, esperamos que o vindeiro ano siga con esta estupenda iniciativa!
Parabéns a tod@s polo resultado e polo esforzo!
En vista do seu éxito, esperamos que o vindeiro ano siga con esta estupenda iniciativa!
Parabéns a tod@s polo resultado e polo esforzo!
5 jun 2017
III CERTAME LITERARIO CARMELA LOUREIRO
E xa e o terceiro!
Esta é unha presentación feita pola compañeira Elvira Roiz Mesía con motivo do III Certame Carmela Loureiro, no que resultaron premiados alumnos do noso centro nas modalidades de microteatro, micropoesía e microrelato.
Esperamos que vos guste e moitos parabéns de novo para os premiados!

16 may 2017
LETRAS GALEGAS 2017
Como ven sabedes, este ano, o autor conmemorado neste día é Carlos Casares, un dos máis importantes da nosa literatura.
Para recordalo, queremos que vexades esta fermosa presentación feita pola nosa compañeira Elvira Roiz Mesías.
Desfrutade dela!
Link á presentación
Para recordalo, queremos que vexades esta fermosa presentación feita pola nosa compañeira Elvira Roiz Mesías.
Desfrutade dela!
12 may 2017
ALIMÉNTATE BEN: O SABOR DO MAR!
Dende a biblioteca recomendamos aos centros este obradoiro que viñeron facer para o alumnado de 1º e 2º ESO varios membros da empresa Marexada.
Foi unha actividade moi entretida e lúdica, e sobre todo, educativa. O noso alumnado foi quén de descubrir os actores, medios e usos da nosa pesca, así como as propiedades alimenticias dos nosos peixes. Todo dun xeito moi divertido!
Aquí tendes algunhas fotos da actividade.
Grazas á empresa colaboradora!

1 may 2017
25 ABRIL
O mes de abril deixa sentir coa súa chegada a primavera, chea de cores e sensacións que nos transmiten os pétalos das flores e, como non, as follas dos libros.
E a cor que mellor resume o recital que tivo lugar na biblioteca é o vermello, pois festexabamos o "Giorno della liberazione" italiana, e a todos os nosos lectores regalábamoslles un caravel encarnado.Non hai que esquecer que o día coincidía co da revolución portuguesa.
As lecturas foron especialmente conmovedoras e emocionantes, xa que se leron en italiano cartas de partisáns condeados a morte.Outras cartas lidas foron as de Miguel Hernández á súa muller, Josefina Manresa, en castelán, e en galego unha de Alexandre Bóveda. Estiveron tamén presentes cos seus poemas Primo Levi e Giuseppe Ungaretti.
Tivemos a sorte de poder contar cun grupo de lectoras da EOI de Ferrol, pertencentes á Asociación Cultural L'Armata Brancaleone.Queremos agradecerlles a súa contribución, así como a dos profes Giada e especialmente Marco. Polo noso centro, organizaban o equipo da biblioteca e os departamentos de linguas.
E aquí tendes a fotos desta experiencia lectora, que nos deixou a todos un agradable pouso e as ganas de repetila.

21 abr 2017
DÍA DO LIBRO
Con motivo do día do libro, que se celebra o día 23 de Abril, queremos facervos unhas recomendacións lectoras dende a biblioteca. Este ano traballamos coa "Música nos libros".
Desfrutade delas!
Desfrutade delas!
7 abr 2017
SEMANA DA CIENCIA
Esta semana, como tódolos anos, celebrouse no noso instituto a Semana da Ciencia. O profesorado que imparte as diferentes materias de ciencias levou a cabo distintas actividades co alumnado. Asemade, amosáronse traballos e proxectos feitos por eles.
Neste senso, deixamos aquí unhas fotos que mostran como Arte e Ciencia non están separados.
Felices vacacións!
5 abr 2017
CONCERTO TMM E OUTRAS ACTIVIDADES
Onte, Martes, 4 de Abril, tivemos a sorte de asistir a un estupendo concerto do grupo TMM, do Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño de Ferrol , ao que acudiu o alumnado de Música de todo o centro.
O concerto foi organizado polo Equipo da Dinamización da Biblioteca, o Departamento de Música e Vicedirección.
Este é o cartel, e en breves subiremos fotos do evento
Asemade, pola tarde, os alumnos de 2º ESO asistiron ás charlas de Aforro Enerxético impartidas polo que foi profesor do centro Camilo Casal.
E por último, deixamos colgado o cartel para o concurso organizado pola Biblioteca para renovar o noso logo. Aquí tedes as bases, e tamén as tedes nos taboleiros das vosas aulas. Participade!!!
24 mar 2017
CHARLAS DO MES DE MARZO
Deixamos colgadas unhas fotos sobre as charlas que se celebraron esta semana na nosa Biblioteca, organizadas por Vicedirección, Orientación (AFAES) e o departamento de Física e Química (Polímeros)
Charla sobre "Polímeros" na que o ponente foi José Ramón Leis Fidalgo, profesor da Facultade de Química da USC, destinada a alumnos de bacharelato de ciencias. |
Charlas sobre "Saúde mental e drogas" da organización AFAES. Asistiu o alumnado de 3º ESO. |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)