18 dic 2015

As nosas recomendacións para este Nadal.

Aquí tedes a nosa selección de libros para este Nadal. Desfrutade da lectura nestas datas e ¡Feliz Nadal a tod@s!


View more presentations or Upload your own.

4 dic 2015

Carteis do alumnado de Deseño contra a violencia de xénero

Deixámosvos aquí o estupendo traballo feito polos alumn@s de Deseño de 2º Bacharelato con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero. 
Esperamos que vos guste!

24 nov 2015

Tríptico da semana contra a violencia de xénero



Dende a Biblioteca queremos compartir con vós libros, películas e enlaces de interese relacionados coa violencia de xénero.  Aquí tedes o tríptico coa información.






20 nov 2015

SEMANA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Desde a biblioteca queremos contribuir a loitar contra ese tremendo problema que é o maltrato.
Así que temos previstas as seguintes actividades para a vindeira semana:
Un recital poético o día 25, onde alumnos lerán poemas e pequenos fragmentos, a maioría de autoria propia, e cuio programa podedes consultar no cartel que ilustra esta entrada.
Charlas que terán lugar o luns e o venres para o alumno de 4º da ESO a cargo da ONG "Acción familiar".
E no club de lectura estamos a ler e comentar o libro de Pasqual Alapont"O inferno de Marta"





13 nov 2015

NOVEMBRO!

Estas son algunhas das actividades que se puxeron en marcha este mes dende a Biblioteca. Desfrutade delas e non deixedes de participar!!

Concurso de marcapáxinas
Club de Lectura
Club de Manga
Mochilas Viaxeiras

12 nov 2015

PRESENTACIÓN DO LIBRO "LOS POEMAS QUE NO PUEDES DEJAR DE CONOCER"

O pasado 29 de outubro visitounos o exprofesor do centro José Antonio Ponte Far, que veu presentar o seu libro "Poemas que no puedes dejar de conocer" , unha selección do autor de poemas en lingua castelán e galega de entre as máis fermosas, algunhas moi coñecidas, outras menos, pero que merecen selo.
A edición recolle 101 poemas cunha pequena introducción a cada un deles, e está ilustrada con debuxos de Perico  Castro.
Nun salón de actos cheo con todos os alumnos de primeiro de bacharelato, Pepe Ponte agasallóunos cunha charla sobre o valor da poesía, animando sempre as novas xeracións a sentila, a facela sua, a atopar esa poesía na que recoñecerse.
A charla  foi acompañada dun recital  no que leron composicións elexidas por elas as alumnas Marta, Inés, Bárbara,  dúas Andreas e Alexandra. "Palabras para Julia" "O cravo" e "Romance de la casada infiel" foron algúns dos títulos escollidos.
Un momento do recital poético

6 nov 2015

VIAXES E EXPEDICIÓNS: ¡A RÉPLICA DA NAO "VICTORIA" CHEGOU A FERROL!


Co gallo da temática deste ano da Biblioteca do noso centro, "Viaxes e expedicións", animamos a tod@s a visitar a réplica da nao "Victoria", o primeiro buque que deu a volta ó mundo, que estará no porto de Ferrol esta fin de semana. 




La réplica de la nao “Victoria” despertó la curiosidad de los ferrolanos que paseaban por el muelle de Curuxeiras en la tarde ayer jorge meis
Fotografía do Diario de Ferrol

22 oct 2015

ESAS MARABILLOSAS BIBLIOTECAS

Para celebrar o próximo 24 de outubro, Día das Bibliotecas, , este ano ocurríusenos amosarvos algunas das marabillosas bibliotecas espalladas polo mundo, aínda que algunhas as temos moi preto e merecen unha visita. Fixádevos na Biblioteca do Mosteiro de Poio (Pontevedra) ou na Biblioteca América, en Fonseca, e a Biblioteca da Facultade de Xeoagrafía e Historia, ambas na cidade de Santiago. As fotos que veredes de seguido, son todas elas de bibliotecas relixiosas e universitarias; son só unha pequena mostra. En posteriores ocasións, presentarémosvos outras xoias semellantes. Agardamos que sexan do voso agrado. VISITADE AS BIBLIOTECAS!!!.

13 oct 2015

BENVIDA A TOD@S


O equipo da Biblioteca "Saturnino Hermida" davos a benvida ao novo curso 2015-2016.

Recordaros que consultedes aquí todas aquelas actividades relacionadas coa biblioteca.

En breve voltaremos co club de lectura "Ler a todo Filispín" da man da nosa profesora Ana Vizoso e como novidade teremos un club de lectura de cómic manga.

Esperando ver moitas caras novas,  recomendámosvos este enlace www.youtube.com/watch?v=oX1LM9HIk_s  para que lembredes que…












28 jun 2015

Fin de curso


Un ano máis rematamos a nosa tarefa con bo sabor de boca por poder chegar a través da biblioteca a tanta xente.

Nas últimas semanas colaboramos co Departamento de Orientación, nas charlas que tiveron lugar na biblioteca, co fin de orientar o estudio dos alumnos da ESO e Bacharelato. 
Como sesión final do Club de Lectura, a responsable Marian Calvo tivo unha reunión con todos os alumnos e profesores participantes. Repartíronse bombóns e fíxose unha posta en común sobre o seu desenvolvemento durante este curso: lecturas, saídas
Cara a posibles lecturas no verán, púxose unha exposición e repartíronse follas con recomendacións para estas vacacións.


E aunque pensamos que quedaron algunhas cousas no tinteiro, viremos o curso que vén con máis ganas e dispostos a facer aínda máis.
Dar as grazas a todos os que colaborastes para facer da biblioteca un lugar de formación e diálogo dentro da rutina académica do Centro e esperamos contar con todos vós o curso que ven.

26 may 2015

Lembrando a Eduardo Galeano e a Gunter Grass

Hai uns días o mundo das letras tinguiuse de loito: Abandonáronnos Eduardo Galeano e Gunter Grass, figuras claves da literatura americana e europea respactivamente. Como homenaxe a estes dous grandea autores, reproducimos uns fragmentos das súas obras. O primeiro, o relato que Galeano lle adica a Concepción Arenal no seu libro "Mulleres":
 "Pasou a vida loitando con alma e vida contra o inferno dos cárceres e pola dignidade das mulleres, presas de cárceres disfrazados de fogares. Contra o costume de absolver xeneralizando, ela chamaba ao pan, pan e ao viño, viño: -Cando a culpa é de todos, é de ninguén -dicía. Así conquistou uns cantos inimigos. E aínda que co tempo o seu prestixio xa era indiscutible, ao seu país custáballe crelo. E non só ao seu país: á súa época tamén. Alá por 1840 e algo, Concepción Areal asistira aos cursos da Facultade de Dereito, disfrazada de home, o peito esmagado por un dobre corpiño. Alá por 1850 e algo, seguía disfrazándose de home para poder frecuentar os faladoiros madrileños, onde se debatían temas impropios a horas impropias. E alá por 1870 e algo, unha prestixiosa organización inglesa, a Sociedad Howard para a Reforma das Prisións, nomeouna representante en España. O documento que a acreditou foi expedido a nome de sir Concepción Arenal. Corenta anos despois, outra galega, Emilia Pardo Bazán, foi a primeira muller catedrática nunha universidade española. Ningún alumno se dignaba escoitala. Daba clases a ninguén."
E un anaco da novela que deu sona a Gunter Grass, "O tambor de folla de lata"
" E hoxe Óscar di simplemente: a bolboreta tocaba o tembor.Ouvín tocar o tambor a coellos, raposos e marmotas.Tocando o tambor, as ras poden concitar unha tempestade.Din do paxaro carpinteiro que, tocando o tambor, fai saír aos vermes dos seus agochos.E finalmente o home toca o bombo, os pratos, atabales e tambores.Fala de revólveres de tambor, de lume de tambor; co tambor sácase á xente das súas casas, ao son do tambor congrégalla e ao son do tambor mándalla á tumba."


13 may 2015

Gañadores do Certame Literario


Recibidos preto de cincuenta relatos o Xurado formado por representantes de diversos Departamentos tiveron un traballo moi complicado. Finalmente escolleron os dous traballos gañadores da presente edición e, tendo en conta o bo nivel amosado polos participantes, tomaron a decisión de otorgar dous accésits a sendos traballos que presentaban tamén unha moi correcta factura.


  • 1º e 2º ESO:                1º Premio - As armas do esquecemento, Pablo Manuel Teijeiro Galdo (3ºC)

                                  Accésit - El último sueño, Sara Dopico Amor (1ºA)


  • 3º e 4º ESO                 1º Premio - Surrealismo mágico, Lidia González (3ºA)

                                  Accésit - Leo, Andrea Deive García (4ºB)

O vindeiro luns 18 de Maio, o Xurado fará a entrega dos premios aos gañadores do concurso no segundo recreo na biblioteca.

Noraboa aos premiados e grazas a todos pola vosa participación.


4 may 2015

Sesión Kafkiana intercentros



Dentro da semana do libro, o martes 21, o Club de Lectura do noso instituto recibíu nunha sesión conxunta ao IES Sofía Casanova para compartir opinións acerca do libro proposto, A Metamorfose de Kafka, no que foi o primero encontro intercentros.
Foi un pracer recibir no noso centro ao redor de 35 alumnos e profesores que compartiron con nós o pracer pola lectura.
Aproveitando o horario lectivo da tarde, común a ámbolos dóus centros, reunímonos na cafetería á hora do xantar para poder coñecernos un pouco mellor, e logo tivemos na biblioteca a sesión oficial do Club de Lectura.
Na sesión compartimos distintas interpretacións e curiosidades do libro e apreciamos o esforzo que os nosos invitados invertiran en preparar o tema. Eles fixeron ademáis unha presentación  coas súas propias recomendacións de novelas gráficas e cómics para introducirnos un pouco neste outro tipo de literatura.
Aínda que a mín persoalmente non me entusiasmou a novela de Karfa, a súa lectura sí que deu lugar a tratar temas como a marxinación, a indiferencia, a exclusión das persoas enfermas, etc. Interesoume moito a reacción do protagonista por non alarmarse ante a súa nova imaxe, penso que asume a súa natureza porque era unha consecuencia da súa vida, unha manifestación do seu interior. Coincido en que o protagonista estaba sumido na súa desgraza e que lle faltou unha man amiga que lle sacara do pozo no que estaba sumido, ese apoio que todos nós deberíamos ter nas nosas vidas.

Dende aquí darlle as grazas a todos os participantes, agardando con emoción o vindeiro encontro.

Alba Muñoz 1ºBACH
(autora do blog literario milmundosblog.blogspot.com.es)



16 mar 2015

Día de Rosalía





Para celebrar o aniversario do nacimiento da ilustre poetisa Rosalía de Castro, o 24 de Febreiro os alumnos de 1ºBacharelato  fixeron na biblioteca unha representación do acto III da obra de teatro "No devalar dos tristes", da profesora de galego Belén Roca.

Xunto a representación tivo lugar unha lectura de diversos poemas da escritora e a audición dalgúns poemas cantados que están recollidos en "Os ollos que falan" de Tempo Catro Sexteto.

Dende aquí queremos darlle as grazas ao Equipo de Normalización Lingüística polo seu traballo e a súa proposta.
                          


12 mar 2015

Exposición de maquetas

O pasado mes de febreiro a Biblioteca albergou unha mostra de maquetas dos distritos tipos de células vexetais e animais. Estes traballos foron feitos polos alumnos de segundo da E.S.O baixo a dirección da profesora Paula Hermida. A biblioteca instalou unha urna de votación para que todos os visitantes á exposición poidesen elexir a súa maqueta favorita. Resultaron gañadores dous rapaces de 2º C, Pablo Manuel e Manuel José. Aínda que foi un traballo difícil, porque as maquetas eran moi boas, escollimos unhas cantas para facer unha presentación que podedes ver a continuación.

10 feb 2015

Festival pola Paz

Parafraseando a Blas de Otero, o día 30 de xaneiro, día escolar da Paz e Non Violencia, os alumnos de primeiro pediron a Paz e a palabra para ler fragmentos e poemas sobre a paz: Masa de César Vallejo, Vaguedás de Rosalía de Castro, Soldado sí de José Agustín Goytisolo, Eu tiven un soño de Martin Luther King e un longo etcétera.
Destacamos a lectura dramatizada do  Poema nuclear de Celso Emilio Ferreiro, representada colectivamente por todos os alumnos de primeiro C.
Tamén tivemos ocasións de ver presentacións de powerpoint con fondo musical, e para rematar moitos alumnos fixeron voar as frases sobre a paz que eles mismos escribiran uns días atrás e que servían de pano de fondo ás lecturas.

3 feb 2015

O club de lectura continúa de forma exitosa


    Fahrenheit 451

Bradbury construye una cárcel social y encierra en ella a sus personajes, retándolos a liberarse. 
Pero Fahrenheit 451 es mucho más que una simple novela distópica: 
es una maravillosa reflexión nutrida en el entorno del protagonista, 
y que gotea entre sus monólogos hasta acabar encharcándonos.
   
    Lara Castro (1ºBach)

29 ene 2015

Cancións para unha data

Dende 1964, para conmemorar a morte de Gandhi, celébrase o 30 de xaneiro o Día Escolar da Non Violencia e da Paz, recoñecido pola UNESCO en 1993.
Para festexar este día faremos na biblioteca un mural con pombas pola paz, no que participará o primeiro ciclo da ESO. Deixamos cancións para que escoitedes.
    Imagine, John Lennon
    Heal the world, Michael Jackson
    Rosa de la paz, Amaral
    Paz, paz, paz, Juanes
    Que canten los niños, José Luis Perales
    Moving, Macaco
    We are the world, Michael Jackson
    Pride (in the name of love), U2
    Un paso hacia la paz, Carlos Vives e Iván Benavides
    Solo le pido a Dios, Mercedes Sosa
    Color esperanza, Diego Torres
    Medalla de cartón, Fito & Fitipaldis
    Papeles mojados, Chambao
    Queremos paz, Mana
    La paz, Falsalarma (con Frank-T)
    Una canción para la paz, José Luis Perales
    No dudaría, Antonio Flores
Agardamos recibir as vosas pombas na biblioteca.