Adeus a José Luís Sampedro
Aquí podedes ver a súa última entrevista concedida fai poco máis dun mes a TVE.
Blogue da Biblioteca "Saturnino Hermida" do I.E.S. Concepción Arenal (Ferrol). Email:biblioteca.saturninohermida@gmail.com biblioteca.ies.concepcion.arenal@edu.xunta.gal
10 abr 2013
3 abr 2013
Intemperie
Quizais na miña decisión de ler esta primeira novela dun autor descoñecido pesou, e non pouco, a recomendación de Isabel
(a bibliotecaria do Instituto) pero debo afirmar que resultou unha agradable
sorpresa e tamén recoñecer que me sinto agradecido de que o fixera.
Nun escenario que representa un tempo indeterminado, nunha paisaxe de
secaño sen referencias a lugares concretos, uns protagonistas sen nome nunha
narración na que os silencios describen moito máis que as palabras vainos desacougándonos
paulatinamente , meténdonos nunha trama dun vigor extraordinario até chegar a
un desenlace tan brutal como sorprendente.
Nestes tempos asombra que un autor
desprece a aposta pola modernidade e ofrézanos unha narración diferente, que
parece non xurdir deste século XXI pero que une unha exquisita combinación de
riqueza estilística cunha sintaxe simple e un tratamento meticuloso e preciso
da paisaxe ata convertelo nun dos protagonistas da novela.
A brevidade da obra e a súa lectura
fluída convida a terminala nunha sentada pero iso non nos permitiría
deleitarnos cunha emocionante e excelente prosa poética onde cada palabra e cada
frase ocupa un lugar insubstituíble, na que non sobra nin falta nada, e aínda
que empregue un abundante e preciso léxico campestre, tampouco é un impedimento para que aos
lectores menos familiarizados con eses termos, coma min, supóñalles un
obstáculo na lectura.
En fin, unha novela atípica que nos evoca ao mellor Delibes, e igual que
aquel, tan rural como universal e na
miña opinión una das mellores obras que lin ultimamente.
Carrasco, Jesús (2013): Seix Barral, Biblioteca breve
28 mar 2013
Agustín Fernández Paz
1 mar 2013
El sentido de un final
O protagonista da historia , Tom Webster, entre
satisfeito e frustrado coas expectativas levantadas durante a súa vida e xa na
súa recta final, atopa un feito xa esquecido que volve con forza para
obrigarlle a considerar determinadas decisións e actitudes tomadas na súa
mocidade. Todo iso pon en dúbida a súa memoria, as súas responsabilidades e a
transcendencia das súas decisións. Moitas veces ignoramos que as nosas
determinacións actúan cal fichas que nun efecto dominó provocan noutras vidas
consecuencias por nós totalmente imprevistas pero transcendentes na vida dos
demais.
Esta breve novela atravesa un amplo traxecto desde a mocidade ousada e
irreverente até a senectude xa agnóstica, autocompracente e poderiamos dicir
que mesmo cínica. O resultado é pura narrativa,
porque consegue manter a prosa pegada á realidade do protagonista e
arrastrarnos sentindo esa responsabilidade e ese desasosego co que conclúen as
súas últimas liñas.
Canto máis avanza a nosa vida, menos son as testemuñas que quedan ao redor
noso para desafiar o noso balance, para lembrarnos que a nosa vida non é a nosa
vida, senón a historia que construímos respecto da nosa vida. Contada a outros,
pero principalmente a nós mesmos e os que nos rodean. El sentido de un final
é, naturalmente, a sensación do protagonista de estar a chegar a un punto
culminante na súa propia vida, e da súa impotencia ante a imposibilidade de
emendar os feitos pasados.
Resumindo un libro no que o equilibrio entre a concisión e o compromiso
mínimo á retórica e os adornos literarios fainos reconfortarnos coa literatura directa e profunda. E aínda que o
sorprendente e amargo final nos déixe
quizá un pouso de amargura devólvenos a ilusión por ler narracións que sen
pretender tentar novos estilos fainos comprender a beleza da literatura ben
escrita.
Barnes, Julián (2012): El sentido de un final, Anagrama,
Panorama de narrativas
27 feb 2013
I FESTIVAL POLO DÍA ESCOLAR DA PAZ
O festival combinou recital de textos lidos por rapaces do noso Club de Lectura con cancións interpretadas polo coro do centro e a proxección de dúas curtas.
A selección de autores foi a seguinte: Cervantes, Machado, Miguel Hernández, Alberti, Gloria Fuertes, Bertold Brech, Luis Pimentel e Eduardo Galeano.
As cancións que tivemos oportunidade de escoitar foron "Imagine", "Let it be" e "Whatever".
Atopamos as curtas nestes dous recomendables enlaces:
20 feb 2013
Historias de amor
Un ano máis polo San Valentín os corazóns decoraron a biblioteca, aínda que en menor cantidade. Será posible que a crise afecte tamén ao sentimento e as preocupacións non deixen tempo para pensar no amor?
Na biblioteca pensamos que non, ao revés, agora máis que nunca temos que distraernos e disfrutar con historias do sentimento máis universal.
Temos unha grande variedade de lecturas e películas para escoller, esta é a nosa selección de lecturas que namoran:
E esta, a de películas :
Na biblioteca pensamos que non, ao revés, agora máis que nunca temos que distraernos e disfrutar con historias do sentimento máis universal.
Temos unha grande variedade de lecturas e películas para escoller, esta é a nosa selección de lecturas que namoran:
E esta, a de películas :
19 feb 2013
Día de Rosalía, 24 de febreiro
O 24 de febreiro, celebrase en todo o país o Día de Rosalia, é unha iniciativa da AELG (Asociación de escritores e escritoras en lingua galega).
Na nosa biblioteca teremos unha miniexposición da súa obra.
Nos seguintes enderezos podedes atopar material para traballar nas aulas:
Na nosa biblioteca teremos unha miniexposición da súa obra.
Nos seguintes enderezos podedes atopar material para traballar nas aulas:
- Fundación Rosalia de Castro :http://rosaliadecastro.org/
- Obras completas: http://www.rosaliadecastro.com/
- Biblioteca Cervantes. http://www.cervantesvirtual.com/bib_autor/rosaliadecastro/pcuartonivel.jsp?conten=fonoteca
27 ene 2013
30 de xaneiro, Día da Paz e da non Violencia
A celebración deste día pretende promover a reflexión sobre a educación para a tolerancia, o respecto polos Dereitos Humanos, a non
violencia,…; en definitiva, a paz e o amor universal.A conmemoración coincide co 65 aniversario da morte do lider espiritual e nacional da India: Mohatma Gandhi (1869-1948), pensador e líder do nacionalismo indio que inspirou os movementos pacificas do mundo.
Podes ler no seguinte enlace unha biografía sobre o autor.
http://www.biografiasyvidas.com/biografia/g/gandhi.htm
Aquí tedes unha selección de recursos para conmemorar o día:
http://www.sgep.org/
http://www.biografiasyvidas.com/biografia/g/gandhi.htm
Aquí tedes unha selección de recursos para conmemorar o día:
http://www.sgep.org/
20 ene 2013
Soledad Felloza na nosa biblioteca
Pasando un bo comezo do Nadal no IES Concepción Arenal
Foi un rato moi entretido e paseino xenial.
Andrea García Gabiola
2º A ESO
Servizo de préstamo de lectores de e-books
Este ano poñemos a túa disposición dous lectores de e-books
que poderás solicitar na biblioteca por un período máximo de 30 dias. Estes
lectores son de tinta electrónica, a última tecnoloxía que permite ler sen
danar a vista.
Para saber como tes que facer para pedilo en préstamo acércate a biblioteca.
Tamén te informamos de que se ti xa tes o lector so tes que traelo e nós
cargámosche o libro que desexes do listado.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





