Quizais na miña decisión de ler esta primeira novela dun autor descoñecido pesou, e non pouco, a recomendación de Isabel
(a bibliotecaria do Instituto) pero debo afirmar que resultou unha agradable
sorpresa e tamén recoñecer que me sinto agradecido de que o fixera.
Nun escenario que representa un tempo indeterminado, nunha paisaxe de
secaño sen referencias a lugares concretos, uns protagonistas sen nome nunha
narración na que os silencios describen moito máis que as palabras vainos desacougándonos
paulatinamente , meténdonos nunha trama dun vigor extraordinario até chegar a
un desenlace tan brutal como sorprendente.
Nestes tempos asombra que un autor
desprece a aposta pola modernidade e ofrézanos unha narración diferente, que
parece non xurdir deste século XXI pero que une unha exquisita combinación de
riqueza estilística cunha sintaxe simple e un tratamento meticuloso e preciso
da paisaxe ata convertelo nun dos protagonistas da novela.
A brevidade da obra e a súa lectura
fluída convida a terminala nunha sentada pero iso non nos permitiría
deleitarnos cunha emocionante e excelente prosa poética onde cada palabra e cada
frase ocupa un lugar insubstituíble, na que non sobra nin falta nada, e aínda
que empregue un abundante e preciso léxico campestre, tampouco é un impedimento para que aos
lectores menos familiarizados con eses termos, coma min, supóñalles un
obstáculo na lectura.
En fin, unha novela atípica que nos evoca ao mellor Delibes, e igual que
aquel, tan rural como universal e na
miña opinión una das mellores obras que lin ultimamente.
Carrasco, Jesús (2013): Seix Barral, Biblioteca breve
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarPor recomendación túa estou comezando a ler esta novela e xa podo sentir moito do que ti comentas. E tamén me recorda a Delibes, a súa novela El Camino.
ResponderEliminar