Ao noso xeito, que desde hai anos vén a ser tradicional, no Departamento de Lingua e Literatura Galega homenaxeamos, coa presentación que podedes ver a continuación, ao autor a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas, o dramaturgo Roberto Vidal Bolaño.
O compostelán dominaba a escena en todas as súas dimensións. Foi autor dramático, director, actor, escenógrafo, iluminador... Todo el era teatro. Unha pena non telo hoxe connosco, pois máis que nunca, o teatro galego é, como dicía o propio dramaturgo, “necesario e imprescindible, hoxe e aquí".
A presentación ten dúas partes: unha introdutoria, que é un breve achegamento a súa figura, e outra biográfica, que nos fala da súa vida e da súa obra.
A magnífica música de jazz que leva insertada, “9 contra 4”, é galega, do Trío de Abe Rábade, con Rábade ao piano, Bruno Pedroso á batería e Pablo Martín ao contrabaixo.
View more presentations or Upload your own.
me parece un hombre con mucho merito
ResponderEliminarEstupendo traballo. Xa está colgado no blog do noso centro.
ResponderEliminar