Hoxe, 2 de Abril, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, coincidindo coa data de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen. O obxectivo é despertar o interese e amor polos libros e a lectura dos nenos e xóvenes e facer diso un hábito de vida.
En colaboración co departamento de francés, o alumnado de 4º de ESO realizou unha búsqueda de citas da obra "Le petit Prince" ou "O Principiño" de Antoine de Saint-Exupéry, lembrándonos que a lectura non ten idade e que este libro representa parte da nosa infancia. Aquí vos deixamos o traballo resultante.
No hay comentarios:
Publicar un comentario