24 nov 2017

Contra a violencia dixital

A biblioteca quérese sumar ao rexeitamento da violencia de xénero sexa do tipo que sexa. Os expertos din que nos últimos anos está a aumentar entre os máis novos esta violencia , especialmente a que se produce a través das redes sociais. Aportamos algúns datos e consellos: ç
Hoxe ás 12.30 terá lugar na biblioteca un recital literario no que os nosos estudantes lerán fragmentos orixinais e tamén de autores da antiguedade grecolatina.Algunhas alumnas achegaranse aos mitos clásicos de Ariadna, Atenea ou as sereas, e a figura histórica de Cleopatra. E no vestíbulo estase a proxectar unha presentación de viñetas dedicadas a este tema.

22 nov 2017

Concurso de cómic

Este mes de novembro podedes deixar voar a pracer a vosa creatividade porque ademáis do concurso de marcapáxinas o Departamento de Orientación e vicedirección convocaron este concurso para axudar a concienciar e espertar a sensibilidade contra ese grave problema social que é a violencia de xénero.

10 nov 2017

Formación de usuarios

Os máis pequenos do instituto estanos a visitar durante esta semana para coñecer mellor a biblioteca e afacerse a utilizala.
A pesares de ser grupos moi numerosos, de vinteoito alumnos aproximadamente, estiveron moi atentos e amosaron interese e curiosidade.
Moitos deles aproveitaron a ocasión para facerse socios ou apuntarse no club de Lectura.
Este curso tamén estamos a preparar para eles actividades de procura e/ ou algunha xincana.



3 nov 2017

Actividades de outubro

Rematamos o mes de outubro poñendo en marcha as Mochilas viaxeiras e coa visita á nosa biblioteca do profesorado de nova incorporación. Conmemoramos tamén o Centenario da revolución soviética. Con este fin ideamos o "Outubro vermello". Por unha banda, fixemos unha pequena escolla de materiais, dos que dispoñemos na biblioteca, que podedes consultar no tríptico que adxuntamos. E por outra, o Departamento de Artes plásticas preparou unha mostra, situada no vestíbulo do centro, na que se amosan movementos artísticos e obras senlleiras contemporáneas a devandita data.