Blogue da Biblioteca "Saturnino Hermida" do I.E.S. Concepción Arenal (Ferrol). Email:biblioteca.saturninohermida@gmail.com
19 dic 2014
Bo Nadal e Boas lecturas
O VI Concurso de tarxetas de Nadal que organiza a Anpa, xa ten gañadores:
1º Lidia González Teijido
2º Aldara López Teijeiro
3º Nerea Otero Ferreiro
Moitas felicidades!!!!!
Animamos a todos vós que vexades a exposición das tarjetas na biblioteca.
E que aproveitedes a consultar tamén a proposta de lecturas para o nadal, exposta á entrada da mesma.
É un tempo de boas lecturas!!!
Dende a biblioteca unímonos aos desexos da Anpa e queremos
felicitar estas festas a todos os profesores, usuarios e alumnos
do centro.
Bo Nadal e Feliz Aninovo 2015
17 dic 2014
Felicidades Laura
O mércores 10 de decembro, o Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade entregou na Casa Galega da Cultura de Vigo os premios do concurso "Imaxes con fondo", no marco das IX Xornadas de Cooperación.
A alumna de bacharelato do noso centro, Laura Díaz Martínez, conseguiu un galardón nesta edición, con imaxes que competían con outras 93.
Na categoría xuvenil o xurado formado por especialistas en cooperación e fotoxornalistas, pedían fotos que fixeran referencia ao lema "A solidaridad da sentido ás nosas vidas".
A nosa alumna Laura quedou en segunda posición con "Fondo mariño" e o chío: "Toneladas de lixo son tiradas ao mar en todo o planeta, isto supón cambios negativos para as especies que viven nel".
Felicidades Laura
11 dic 2014
Gañadores do concurso "Os xardíns do instituto, unha ollada persoal"
O equipo de dinamización da biblioteca e o departamento de debuxo convocaron un certame de fotografía e ilustración co tema "Os xardíns do instituto, unha ollada persoal"
O alumnado participante esforzouse por captar os pequenos detalles, as distintas perspectivas, as luces, texturas, cores,…mostraron a sua visión persoal do xardín.
Os traballos premiados, así como os seleccionados están expostos na biblioteca.
1 dic 2014
Un lazo de sensibilización
Un gran lazo morado adornou a biblioteca ao longo da pasada semana.
En colaboración cos titores, os alumnos da ESO adicaron un tempo a colocar nun panel letras de cancións, citas célebres, e frases feitas por eles. A través desta actividade tomaron conciencia de que a violencia de xénero esta presente hoxe en día de moitas formas, a veces descoñecidas.
O obxectivo deste recurso era potenciar a tolerancia, eliminar a linguaxe sexista, poñer en valor as experiencias das mulleres, etc.
Os alumnos traballaron esta actividade escoitando cancións e visualizando vídeos que axudaban a prevenir a agresión física e o maltrato psicolóxico.
Para despois dar rienda solta a súa espontaneidade e a súa creatividade por medio da escritura e cunha mensaxe sinxela:
Non á violencia de xénero.
27 nov 2014
Un novo capítulo do noso club de lectura
Un grupo de alumnos de 4ºESO e Bacharelato participou nunha nova sesión do club de lectura "Ler a todo filispín". Sesión que presentaba nesta ocasión Marian Calvo, responsable desta actividade, quen fixo unha selección de narrativa breve de Cortázar, Quiroga, García Márquez e Murakami.
Estes contos retratan, entre outros aspectos, algúns dos trazos máis estranos da natureza, tinguidos de enfermidade, sufrimentos e arrepíos para os seres humanos. A tolemia e o amor mistúranse coa morte como destino que libera da tensión asfixiante que vai medrando ao longo dalgús destes relatos.
A participación dos alumnos foi moi activa, con comentarios e conversas
moi interesantes sobre os diversos temas que xurdiron a partir da lectura.
18 nov 2014
Cancións para unha data.
O próximo 25 de Novembro é o Día Internacional
contra á Violencia de Xénero. A biblioteca invita a que traballedes este ano
este tema dende a música. Para iso, aquí vos deixamos un listado de cancións
que podedes atopar en Youtube.
"Salir
corriendo"- Amaral
"Ángel de
amor"- Maná
"Manos al
aire"-Nelly Furtado
"Que
nadie"- Manuel Carrasco y Malú
"Y en tu
ventana"- Andy y Lucas
"Caperucita"-
Ismael Serrano
"Lo que Ana
ve"- Revólver
"María se bebe
las calles"- Pasión Vega
"El club de
las mujeres muertas"- Víctor Manuel
"Hoy por
mi"- Efecto Mariposa
"Verbo
sufrir"- El Barrio
"Mirando
pa'ti"- El Arrebato
"Se acabaron
las lágrimas"- Huecco
"Hasta que la
muerte nos separe"- Melendi
"Pobre
Sara"- Los Suaves
"Malo"-
Bebe
"Nanai"-
Mala Rodríguez
"La bella y la
bestia"- Porta
"¡Ay!,
Dolores"- Reincidentes
"Ellas
denunciaron"- Def con Dos
"Violencia
machista"- Ska-p
"El final del
cuento de hadas"- El Chojin con Lidia Rodríguez
"Behind the
wall"- Tracey Chapman
"Luca"-
Suzanne Vega
Con esta escolma
tentamos recompilar distintos estilos para que podades escoller.
Esperemos sexa
do voso agrado.
12 nov 2014
Visita á Biblioteca Municipal
e os servizos de préstamo e reprografía. Tamén nos amosaron os distintos espazos da mesma: a área infantil, a hemeroteca, a sala de exposicións, a sala audiovisual e o arquivo.
Finalmente as visitas resultaron moi interesantes para os participantes e dende aquí queremos agradecer o esforzo e boa atención do persoal da Biblioteca Municipal. ¡Moitas grazas!
4 nov 2014
NOVO FORO!!!
La barandilla
Se a lectura ou a escritura son materias do teu agrado, non deixes de visitar o enlace que vos indicamos nesta entrada. Este ano contamos con esta nova iniciativa da man da nosa compañeira Luz, profesora de Lengua y Literatura.
Neste foro os participantes comparten as suas valoracións, opinións e comentarios dos libros máis variados.
Anímate a participar!!!
http://labarandilla.foroactivo.com
8 oct 2014
Felicidades Mafalda
As tiras de Mafalda cumplen 50 anos cunha frescura e actualidade sorprendente. Hai humor, sí, pero cunha profunda reflexión detrás.
Cada secuencia leváballe a Quino unhas nove horas. Un esforzo para condensar o pensamento e a mensaxe dende a inocencia dunha nena de 6 anos. O 24 de setembro de 1964 publicouse a primeira tira. Tras case dúas mil tiras, Mafalda dixo adeus en 1973. Voltou só en ocasións especiais. Séguense lendo hoxe coma se contase o que vai suceder mañá.
22 sept 2014
Benvidos un ano máis ao blog da nosa biblioteca escolar.
O lema elixido este curso " Multiplica as túas lecturas", quere lembrar a necesidade de incentivar o interese polas matemáticas.
O noso obxectivo é fomentar a lectura, recoller suxerencias que creades oportunas e dar a coñecer tódalas actividades organizadas pola biblioteca e polo club de lectura do noso centro.
4 jun 2014
Visita a "Metrópolis cómics"
Como unha das últimas actividades do club de lectura, os rapaces do 1º grupo visitaron "Metrópolis cómics".Esta saída viña a completar unhas sesións sobre banda deseñada organizadas polo profe Quico.
Na librería foron recibidos por Manuel, que lles tiña preparada unha pequena charla sobre os precedentes históricos do cómic:os xeroglíficos exipcios, a columna Trajana (117-134), que conta as victorias do emperador contra os Dacios, o primeiro manga moderno, dos inicios do século XX...
E despois unha tarefa moi divertida: sobre páxinas de cómic cos bocadillos baleiros, os nosos alumnos tiñan que inventar unha historia fixándose nas viñetas. Logo todos tiveron ocasion de intercambiar e ler o que fixeran os demáis
Algúns enlaces relacionados:
Historia do cómic nos países de Europa
Historia do cómic en Norteamérica
Historia do manga
Y publicada pola Xunta de Andalucía, esta unidade:
El cómic
visita a metrópolis cómics on PhotoPeach
Na librería foron recibidos por Manuel, que lles tiña preparada unha pequena charla sobre os precedentes históricos do cómic:os xeroglíficos exipcios, a columna Trajana (117-134), que conta as victorias do emperador contra os Dacios, o primeiro manga moderno, dos inicios do século XX...
E despois unha tarefa moi divertida: sobre páxinas de cómic cos bocadillos baleiros, os nosos alumnos tiñan que inventar unha historia fixándose nas viñetas. Logo todos tiveron ocasion de intercambiar e ler o que fixeran os demáis
Algúns enlaces relacionados:
Historia do cómic nos países de Europa
Historia do cómic en Norteamérica
Historia do manga
Y publicada pola Xunta de Andalucía, esta unidade:
El cómic
visita a metrópolis cómics on PhotoPeach
20 may 2014
Unha actividade máis a realizar polas Letras Galegas. Elaboración dun marcapáxinas
As bases do concurso están expostas na entrada da biblioteca e nos taboeiros de anuncios.
¡ANÍMATE E PARTICIPA!
Como inspiración ou para ilustrar os marcapáxinas, propoñémosvos esta pequena escolma de frases escollidas polo profesor Manuel Rei:
1. O exemplo de Aquilino Iglesia Alvariño foi o que máis influíu na elección da lingua galega para escribir poesía, o que me determinou a escribir e publicar en galego.
2. ¡Galiza em min, meu Deus pan/ que me deron,/leite e centeo e soño de lus de/ aurora!
3. A min non me puderon anular, nin como escritor em verso.
4. Eu non me alonxei nunca de Galiza espiritualmente. Sempre estivo comigo.
5. Esta aspiración nace de considerar a poesía, a visión e a expresión poética do mundo como unha das máis outas e fermosas tarefas da creación humana.
6. Um paso adiante e outro atrás,/ Galiza/ e a tea dos teus sonos non se move.
Xosé María Díaz Castro (Guitiriz, Lugo, 1914 - Lugo, 1990) foi un tradutor e escritor español en lingua galega.
Ingresou no ano 1929 no Seminario de Mondoñedo, aínda que non se ordenou, e foi profesor en Madrid, onde se trasladou no ano 1948. Debido aos seus coñecementos de catorce idiomas traballou como tradutor no Instituto de Estudos Hispánicos e no Ministerio de Interior. Foi autor dunha única obra, o poemario Nimbos (1961), que influíu nos poetas en lingua galega posteriores, pola súa perfección e pola súa preocupación por Galicia e os problemas básicos do ser humano, a vida, a morte e o tempo.
Díaz Castro adoita ser encadrado dentro da Xeración de 1936 ao lado de poetas como Ricardo Carvalho Calero, Celso Emilio Ferreiro e Aquilino Igrexa Alvariño.
Nun dos seus poemas máis coñecidos, «Penélope», reflexiona sobre unha Galicia que permanece durmida, non desprezando, non obstante, a esperanza para a súa terra.
O 21 de xuño de 2013 a Real Academia Galega acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas do ano 2014
8 may 2014
Díaz Castro, Letras Galegas 2014
Achégase o Día da Letras Galegas e desde o IES
“Concepción Arenal” cumprimos relixiosamente, unha vez máis, co compromiso de
honrar a figura do homenaxeado. Na presentación que vén a seguir poderás
achegarte á vida e á obra do poeta
guitiricense Xosé María Díaz Castro (1914-1990).
25 abr 2014
23 de abril: Día Internacional do Libro e os Dereitos de Autor
Coma en anos
anteriores, Bibliotecas escolares agasállanos con este marcapáxinas con
texto orixinal de Paco Martín. Pódese descargar aquí.
Actividades organizadas pola biblioteca para celebrar o día do libro:
- Comezamos a semana cun cartel na entrada da biblioteca onde colocamos unha pregunta "Por que se celebra o 23 de abril o día internacionl do libro?". A comunidade educativa tiña que responder e deixar no caixón de suxestión co seu nome.
- Recital de poesía : Confeccionamos a noso “Árbore poético”. Para a realización do mesmo debuxamos unha silueta dunha árbore sen follas. O alumnado tiña que recoller ou elaborar un poema nun papel de cor con forma de folla (actividade realizada na aula con axuda do profesorado). O día do libro, fixemos a lectura en voz alta, na biblioteca e ían colocando na árbore as distintas follas. Os poemas recollidos estaban en varios idiomas( galego, castelán, inglés, francés...).Esta actividade foi realizada polo alumnado de 1º e 2º ESO, na que todos os participantes recibiron un agasallo.
- O teu libro favorito : Por outro lado, o alumnado de 3º e 4º da ESO, xunto con os seus mestres de lingua, fixeron unha reseña sobre a lectura que máis lle gustou, que foi colocada no panel da biblioteca.
- O alumnado de 1º e 2º ESO participou ese día no pase dunha curtametraxe animada “The fantastic flying books of Mr. Morris Lessmore”.
- Os outros grupos visionaron "Días de cine" de TVE celebraron o día do libro do 2013 cunha reportaxe con escenas de películas nas que aparecen os libros e a lectura, xa que este curso a nosa exposición temática está dedicada ao cine e a literatura.
12 abr 2014
CORTÁZAR CUMPRE 100 ANOS
A avoa paterna da que escribe naceu alá na
Arxentina en 1914, como tantos e tantos galegos fillos de emigrantes. Ese mesmo
ano nace tamén o que estaba destinado a ser un dos arxentinos máis grandes, talentosos
e apaixonantes da historia, xunto a Gardel, a Borges, ao “Che”, a Piazzolla, a Quino e a varios máis (onde non falta algún
que outro futbolista). Pero en contra do que cabería esperar, este arxentino non
naceu no seu país: como unha das súas moitas rarezas, o escritor foi nacer como “consecuencia da diplomacia” na capital dos
belgas, unha turbulenta Bruxelas que acababa de ser ocupada polos nazis.
Pois ben, de non morrer inesperadamente -hai
xa 30 anos, seguramente dun aínda entón decoñecido sida que lle meteron nun hospital francés- o incombustíbel Cortázar, coñecido até entón como "Dorian Gray", tería cumprido
cen anos, motivo polo cal (e porque el o merece…), acometemos a presentación
que vén a continuación deste escrito.
O arxentino, parisiense de adopción, amosou
un sincero aprezo e admiración polo noso país. Como Cervantes no seu século, o que
foi un dos mellores escritores en lingua castelá do seu, apartouse cando se
ocupou de Galicia, empregando palabras rosalianas, das “vulgares preocupaciones con las que se pretende manchar mi país”.
Viaxeiro impenitente, veu en dúas ocasións a Galicia coa súa primeira muller,
Aurora Bernárdez, onde non faltou, por certo, unha visita a Ferrol. Sabemos que
gardou un gratísimo recordo da nosa paisaxe, das nosas cidades, da nosa
gastronomía, da nosa xente. De orixes
galegas, Aurora (unha muller culta e brillante, aínda viva, escritora e
tradutora como o seu home) mantivo con el unha afectuosa amizade logo de
divorciárense. Acompañouno nos seus ultimos días e herdou o seu interesantísimo
legado persoal (manuscritos, fotos, vídeos…), legado que doou recentemente ao Centro
Galego de Artes da Imaxe.
Cortázar mantivo sempre un estreito
contacto cos emigrantes e exiliados galegos que na posguerra desenvolveron un
inxente labor cultural na capital arxentina (xa sabedes, a “quinta
provincia”…). Foi na editorial “Correo Literario” fundada e dirixida por Luís
Seoane, Arturo Cuadrado e Lorenzo Varela, onde Cortázar publicou o seu primeiro
conto, “Bruja”. O arxentino mantivo una entrañable amizade con Lorenzo Varela,
así como con Dieste (a quen admiraba polos seus relatos e de quen moi ben puido
ter recibido influencias), e máis aínda con Seoane e a súa dona, Maruxa. E foi Francisco
Porrúa, natural de Corcubión, o seu ousado editor (a publicación da agora
mítica “Rayuela” semellaba, a todas
luces, un desatino…). Seguindo con
aquela ousadía. Editaría catro anos despois “Cien años de soledad”, que xa
rexeitaran dúas editoriais.
Conta Aurora que Cortázar se sentía moi
cómodo entre a nosa xente, e que a diferenza dos demais arxentinos nunca
empregou o termo de “gallegos” para referirse aos españois. Simpatizaba
connosco, quizais porque vía en nós certa semellanza cos seus amados “cronopios”,
aqueles criaturas saídas do seu fértil maxín, adorables "seres verdes y húmedos”, inxenuos, idealistas, sensibles, irónicos,
extravagantes e pouco convencionais.
Julio Cortázar. Gravado de Luís Seoane. |
Ai, se soubese o arxentino da xenuína epidemia
de autoasfixia que padecemos!!!
Nesta ocasión, por unha vez e sen que
sirva de precedente, estimei máis oportuno non traducir os títulos nin as citas
orixinais, pois, aínda que“Rayuela” quedaría
estupenda como “Mariola”, apeteceume que
as magníficas palabras do “Grandísmo Cronopio”
non perderan un ápice da súa peculiar “arxentinidade”.
Porén, atrevinme a traducir este breve pero seductor poema de Papeles
inesperados (Alfaguara, 2009):
O
que me gusta do teu corpo é o sexo.
O que me gusta do teu sexo é a boca.
O que me gusta da túa boca é a lingua.
O que me gusta da túa lingua é a palabra.
Fermoso e suxestivo xeito de
expresar a súa paixón pola maxia do verbo. Cortázar, tamén na poesía, sempre cheo de sorpresas.
JULIO CORTÁZAR. UNHA APROXIMACiÓN.
JULIO CORTÁZAR. UNHA APROXIMACiÓN.
ENLACES Á BIOGRAFÍA DE CORTÁZAR
(cinco presentacións sen música, por algún problema con SlideBoom)
3 abr 2014
Enquisas "Hora de ler"
26 mar 2014
Entrega de premios do concurso de Comparsas
Xa sabedes que hai anos que celebramos o venres anterior ao Entroido un concurso de comparsas.
Esta é unha das actividades que conta con maior participación do alumnado, que loce a súa imaxinación ideando divertidas postas en escea diante dun entusiasta público, moito do cal está tamén disfrazado.
O día 14 tivo lugar na biblioteca a entrega de premios:
O premio á mellor actuación déuselle á comparsa "Ghostbuster".
O xurado decidíu que o mellor disfraz era o da comparsa "Omega".
E para rematar, pero non en terceiro lugar, xa que os tres premios son igualmente importantes, a mellor letra foi a escrita pola comparsa "Regreso al pasado".Os seus compoñentes son os que posan co seu diploma na foto.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)