8 oct 2014

Felicidades Mafalda


As tiras de Mafalda cumplen 50 anos cunha frescura e actualidade sorprendente. Hai humor, sí, pero cunha profunda reflexión detrás. Cada secuencia leváballe a Quino unhas nove horas. Un esforzo para condensar o pensamento e a mensaxe dende a inocencia dunha nena de 6 anos. O 24 de setembro de 1964 publicouse a primeira tira. Tras case dúas mil tiras, Mafalda dixo adeus en 1973. Voltou só en ocasións especiais. Séguense lendo hoxe coma se contase o que vai suceder mañá. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario