26 nov 2012

CENTENARIO DE CELSO EMILIO FERREIRO

Non podíamos deixar rematar o ano sen homenaxear ao gran Celso Emilio Ferreiro (Celanova 1912 - Vigo 1979).
Se queredes saber do escritor, da súa traxectoria vital e política na nosa terra e fóra dela- xa que residíu un tempo en América-, do seu caracter e aficións, dos amigos que tiña, da fermosa e atípica historia de amor que vivíu coa súa muller- a bela Luisa Moraima-, á que adicou moitos poemas; ademáis de curiosidades como que pola súa iniciativa publicouse o primeiro LP de música galega e que quizáis sexa o poeta galego máis musicado e cantado, non tendes máis que ver a presentación que da vida e obra do poeta ofrécenos aquí Elvira Roiz.
CEF1
View more presentations or Upload your own.
Celso Emilio Ferreiro 2
Celso Emilio Ferreiro 3

4 comentarios:

  1. Fermoso e completo traballo sobre este gran poeta. Parabéns e grazas por compartilo.
    Saúdos desde a Biblio Xoán Farias.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas a vos, alegrannos sempre as visitas e máis se son dunha biblio amiga.Unha aperta.

      Eliminar
  2. Parabéns por este fantástico traballo que, co voso permiso, subiremos ao blog do Segrel o 12/12/12.
    Apertas poéticas dende Fene

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Encantados de participar e de achegarnos ao voso blog.Un saúdo cariñoso.

      Eliminar