O venres 5 de outubro o grupo de teatro "Arjé" do IES Breamo de Pontedeume ofreceunos unha divertida representación do "Misterio das Amendoeiras" , unha adaptación de "Eloísa está debajo de un almendro" de Enrique Jardiel Poncela (1901-1952). O teatro de Jardiel Poncela rompe co humor tradicional e co naturalismo imperante na escea da súa época, empregando un humor moito máis intelectual baseado no absurdo e no inverosímil, que se presenta revestido de normalidade.
Por anotacións do propio escritor, sabemos que ideou esta obra inspirándose no persoaxe real de Landrú, un famoso asasino de mulleres, e no interés morboso que podería sentir unha muller por esos asasinatos.
É esta unha obra de intriga na que pouco a pouco o espectador saberá que sucedeu na casa dos Ojeda hai vinte anos, da man da namorada parella protagonista, Mariana Briones e Fernando Ojeda. O seu redor bulen outros moitos disparatados persoaxes: o excéntrico Edgardo, o curioso Ezequiel, a sofisticada Clotilde, a desequilibrada Micaela, a desaparecida Julia e todos os criados, que están abraiados polas tolerías dos seus señores.
Estas son as imaxes da posta en escea:
O misterio das amendoeiras on PhotoPeach
No hay comentarios:
Publicar un comentario