O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte concedeulle á editorial galega Kalandraka o Premio Nacional á Mellor Labor Editorial Cultural 2012, polo compromiso coa literatura infantil, destacando o coidado dos textos, xunto coa calidade de ilustración e a dedicación a xéneros máis complexos como a poesía, cualificando a editorial como un referente en España e no estranxeiro.
Blogue da Biblioteca "Saturnino Hermida" do I.E.S. Concepción Arenal (Ferrol). Email:biblioteca.saturninohermida@gmail.com
31 oct 2012
LAURA GALLEGO, PREMIO NACIONAL DE LITERATURA
26 oct 2012
Charles Dickens
No ano do bicentenario do seu
nacemento desde a nosa biblioteca queremos propoñervos unha lectura apaixonada das
súas obras, un dos autores máis internacionais e prolíficos da literatura universal:
ao redor de 1000 obras saíron da súa pluma, obras que quizais sexan as que máis
veces foron levadas ao cine.
Din del que no seu afán por denunciar as inxustizas
da sociedade na que vivía, a súa preocupación pola infancia e as condicións de
sectores tradicionalmente marxinados converteuse nun home moderno, valente e solidario.
" O corazón humano é un instrumento de
moitas cordas; o perfecto coñecedor dos
homes sábeas facer vibrar todas, como un bo
músico. "
" Acostumamos a cometer as nosas peores
debilidades e fraquezas a causa da xente que
máis desprezamos."
" Hai homes que parecen ter só unha idea e é
unha pena que sexa equivocada."
" Cada fracaso ensínalle ao home algo que
necesitaba aprender."
17 oct 2012
"O misterio das amendoeiras" e o teatro de Jardiel Poncela
O venres 5 de outubro o grupo de teatro "Arjé" do IES Breamo de Pontedeume ofreceunos unha divertida representación do "Misterio das Amendoeiras" , unha adaptación de "Eloísa está debajo de un almendro" de Enrique Jardiel Poncela (1901-1952). O teatro de Jardiel Poncela rompe co humor tradicional e co naturalismo imperante na escea da súa época, empregando un humor moito máis intelectual baseado no absurdo e no inverosímil, que se presenta revestido de normalidade.
Por anotacións do propio escritor, sabemos que ideou esta obra inspirándose no persoaxe real de Landrú, un famoso asasino de mulleres, e no interés morboso que podería sentir unha muller por esos asasinatos.
É esta unha obra de intriga na que pouco a pouco o espectador saberá que sucedeu na casa dos Ojeda hai vinte anos, da man da namorada parella protagonista, Mariana Briones e Fernando Ojeda. O seu redor bulen outros moitos disparatados persoaxes: o excéntrico Edgardo, o curioso Ezequiel, a sofisticada Clotilde, a desequilibrada Micaela, a desaparecida Julia e todos os criados, que están abraiados polas tolerías dos seus señores.
Estas son as imaxes da posta en escea:
O misterio das amendoeiras on PhotoPeach
Por anotacións do propio escritor, sabemos que ideou esta obra inspirándose no persoaxe real de Landrú, un famoso asasino de mulleres, e no interés morboso que podería sentir unha muller por esos asasinatos.
É esta unha obra de intriga na que pouco a pouco o espectador saberá que sucedeu na casa dos Ojeda hai vinte anos, da man da namorada parella protagonista, Mariana Briones e Fernando Ojeda. O seu redor bulen outros moitos disparatados persoaxes: o excéntrico Edgardo, o curioso Ezequiel, a sofisticada Clotilde, a desequilibrada Micaela, a desaparecida Julia e todos os criados, que están abraiados polas tolerías dos seus señores.
Estas son as imaxes da posta en escea:
O misterio das amendoeiras on PhotoPeach
11 oct 2012
Adeus a Ray Bradbury
Unha das sesións do noso club de lectura do curso pasado foi dedicada a Ray
Bradbury, que foi un dos escritores ciencia ficción máis lidos e que morreu o
xuño pasado á idade de 91 anos. Un dos
seus libros máis famosos, xunto con Farenheit 451, é Crónicas
marcianas, libro que escribiu en 1942. É unha colección de
relatos que teñen ao planeta Marte como fío argumental e que narran a chegada a
Marte e a colonización do planeta por parte dos humanos, o que provoca a caída
da civilización marciana e a súa extinción. Non é que todo isto estea
acontecendo hoxe en día, pero o 5 de agosto o robot Curiosity enviado pola Nasa
aterrou en Marte para levar a cabo unha misión de exploración que vai durar
dous anos.
As imaxes que está a enviar o robot non distan moito do que Ray Bradbury
imaxinou cando escribiu os relatos. No relato Os homes da Terra di:
“Fóra brillaba o inmenso ceo azul de Marte, caloroso e tranquilo como as augas
cálidas e profundas dun océano. O deserto marciano torrábase como unha
prehistórica vasilla de barro. O calor crecía en trementes ondadas.” Vendo as
imaxes que o robot enviou, penso que é xusto o que sentiriamos se pisasemos o
solo de Marte.
No relato Ylla di: “Tiñan no planeta Marte, á beira dun mar seco,...” Polo
de agora non se atopou auga en Marte, polo que de novo volve Ray Bradbury a
acertar. E así poderiamos ir percorrendo os 25 relatos atopando similitudes co
que na actualidade sabemos de Marte.
O meu relato favorito é O verán do cohete. É un relato moi
curto de só tres parágrafos, pero a min paréceme insuperable. Comeza o primeiro
parágrafo dicindo: “Un minuto antes era inverno en Ohio”. E o segundo con: “E
de pronto, unha longa onda de calor atravesou o pobo”. E o terceiro segue con: “O verán do Cohete”.
Penso que só con estas liñas xa podemos imaxinar o que acontece.
Borges prologou unha das edicións de Crónicas marcianas e nel
di que os seus relatos preferidos son A terceira expedición e O
marciano.
Como recoñecemento ás contribucións deste escritor ao coñecemento de Marte,
o equipo da Nasa que está a traballar nesta misión deu ao lugar no que aterrou
o Curiosity o nome de Bradbury Landing. Cando aterraron o robot twitearon: "In tribute, I
dedicate my landing spot on Mars to you, Ray Bradbury. Greetings from Bradbury Landing!".
Penso que é un bonito epitafio para este escritor do que moitos din que é o
poeta da ciencia ficción, co que, sen dúbida, eu estou de acordo.
Nota. Se queredes
leer os relatos de que forman as Crónicas Marcianas podédelo
facer nesta dirección: http://www.taller54.com/rb3.pdf
8 oct 2012
Meteoroloxía
Dende hoxe ata o día 19 de outubro podedes visitar na nosa biblioteca unha exposición sobre meteoroloxía "Expometeoro".
A nosa recomendación se queredes saber máis do tema é que visitedes o enderezo: http://www.meteogalicia.es/web/formacion/formacionIndex.action
4 oct 2012
Presentación da película "A visitadora de cárceres"
Onte no noso instituto foi presentada a película "A visitadora de cárceres" baseada na vida de Concepción Arenal".
Se queredes ver o acto, podedes acceder nesta dirección:
http://www.crtvg.es/informativos/concepcion-arenal-a-visitadora-de-carceres-esta-protagonizada-por-blanca-portillo-e-dirixida-por-laura-mana-432240#.UG1euU0xob0
Se queredes ver o acto, podedes acceder nesta dirección:
http://www.crtvg.es/informativos/concepcion-arenal-a-visitadora-de-carceres-esta-protagonizada-por-blanca-portillo-e-dirixida-por-laura-mana-432240#.UG1euU0xob0
OUTUBRO, mes da biblioteca escolar
Con este lema, Biblioteca
escolar, acelerador de innovación, preséntase o cartel que neste curso
2012/2013 edita a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria,
co gallo da celebración do mes da biblioteca escolar.
A ilustración correspondeu ao
creador galego Andrés Meixide.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)