27 oct 2011

O poder da lectura

O curso pasado eu compartía unha garda con Angeles Seoane, unha das nosas profesoras de Lingua e Literatura Castelá. Sempre que faltaba algún profesor dicía, vou eu que lles vou ler. E alí ía ela cargada cos seus libros. Eu nunca a acompañei ata que un día, ao remate do curso, a un grupo de 3 º ou 4 º da ESO, agora non o recordo exactamente, lle faltou un profesor. Cando chegamos alí outra profesora que tamén estaba de garda e máis eu, todo estaba manga por ombro, un grupo de alumnos xogaba as cartas, outros estaban sentados nas mesas e todos falaban a gritos. Puxemos orde, de mala gana deixaron ás cartas e conseguimos que todos sentaran da forma correcta. Estabamos nisto cando chegou Ángeles cos seus libros. Díxonos, coma sempre, quedo eu que lles vou ler. A outra profesora e máis eu pensamos que dado como estaba a clase ía ser difícil que o fixera e quedamos para axudala a manter a orde da clase. Angeles colleu un dos libros que levaba, abriuno e dixo vouvos ler un conto de Cortázar. Eu pensei para min, isto vai ser imposible. Pero ela de pé, e camiñando entre eles, púxose a ler desa marabillosa maneira que o fai sempre. Ao comezo, os alumnos intentaban falar, protestar e facer calquera cousa para distraela e facer que aquilo non puidera chegar a bo termino. A outra profesora e máis eu rifabamos para que polo menos mantiveran as formas nas que se debe de estar na clase. Pero pouco a pouco a clase foise quedando en silencio, os alumnos quietos e comecei a decatarme de que moitos deles estaban atendendo ao conto. O conto era La Continuidad de los Parques que está incluído no libro Final del Juego e que é moi curto. Só media páxina do libro de texto. Curto pero cunha intriga e cunha trama que os foi atrapando pouco a pouco. Ao remate da lectura ela estableceu un diálogo con eles facéndolles preguntas a cerca dos personaxes, dos sucesos que narra o conto, etc. Moitos levantaban a man para respostar. Falaron do final do conto, doutros posibles finais, de porque sucedía esto ou o outro, etc. E desta maneira remataron os cincuenta minutos da clase e aconteceu algo que ao comezo da clase parecía imposible, que o grupo sucumbise ao poder da lectura.

Pd. Se alguen quere ler este conto o pode facer en: http://www.ciudadseva.com/textos/cuentos/esp/cortazar/continui.htm.

2 comentarios:

  1. Gracias, Meli. Só por recoñecimentos coma este a miña labor docente, xa merez a pena adicarse a este asunto da docencia. Supoño que os alumnos engaiolaronse con ese conto de Córtazar porque realmente é xenial.Hai outros autores de relato ós que recurro con asiduidade: Juan Rulfo e Manuel Rivas, porque axústanse doadamente ós 50 minutos de garda. Se me permites unha suxestión lee Macario, de J.Rulfo, estou convencida de que te conmoverá. Logo falamos. Vale?

    ResponderEliminar
  2. O faré, desde logo. Non o dubides.

    ResponderEliminar