O curso pasado eu compartía unha garda con Angeles Seoane, unha das nosas profesoras de Lingua e Literatura Castelá. Sempre que faltaba algún profesor dicía, vou eu que lles vou ler. E alí ía ela cargada cos seus libros. Eu nunca a acompañei ata que un día, ao remate do curso, a un grupo de 3 º ou 4 º da ESO, agora non o recordo exactamente, lle faltou un profesor. Cando chegamos alí outra profesora que tamén estaba de garda e máis eu, todo estaba manga por ombro, un grupo de alumnos xogaba as cartas, outros estaban sentados nas mesas e todos falaban a gritos. Puxemos orde, de mala gana deixaron ás cartas e conseguimos que todos sentaran da forma correcta. Estabamos nisto cando chegou Ángeles cos seus libros. Díxonos, coma sempre, quedo eu que lles vou ler. A outra profesora e máis eu pensamos que dado como estaba a clase ía ser difícil que o fixera e quedamos para axudala a manter a orde da clase. Angeles colleu un dos libros que levaba, abriuno e dixo vouvos ler un conto de Cortázar. Eu pensei para min, isto vai ser imposible. Pero ela de pé, e camiñando entre eles, púxose a ler desa marabillosa maneira que o fai sempre. Ao comezo, os alumnos intentaban falar, protestar e facer calquera cousa para distraela e facer que aquilo non puidera chegar a bo termino. A outra profesora e máis eu rifabamos para que polo menos mantiveran as formas nas que se debe de estar na clase. Pero pouco a pouco a clase foise quedando en silencio, os alumnos quietos e comecei a decatarme de que moitos deles estaban atendendo ao conto. O conto era La Continuidad de los Parques que está incluído no libro Final del Juego e que é moi curto. Só media páxina do libro de texto. Curto pero cunha intriga e cunha trama que os foi atrapando pouco a pouco. Ao remate da lectura ela estableceu un diálogo con eles facéndolles preguntas a cerca dos personaxes, dos sucesos que narra o conto, etc. Moitos levantaban a man para respostar. Falaron do final do conto, doutros posibles finais, de porque sucedía esto ou o outro, etc. E desta maneira remataron os cincuenta minutos da clase e aconteceu algo que ao comezo da clase parecía imposible, que o grupo sucumbise ao poder da lectura.
Pd. Se alguen quere ler este conto o pode facer en: http://www.ciudadseva.com/textos/cuentos/esp/cortazar/continui.htm.
Gracias, Meli. Só por recoñecimentos coma este a miña labor docente, xa merez a pena adicarse a este asunto da docencia. Supoño que os alumnos engaiolaronse con ese conto de Córtazar porque realmente é xenial.Hai outros autores de relato ós que recurro con asiduidade: Juan Rulfo e Manuel Rivas, porque axústanse doadamente ós 50 minutos de garda. Se me permites unha suxestión lee Macario, de J.Rulfo, estou convencida de que te conmoverá. Logo falamos. Vale?
ResponderEliminarO faré, desde logo. Non o dubides.
ResponderEliminar