Poesía dunha intensidade poco común, é facil lembrar moitos dos versos de Lois, quedan impresos na memoria porque son versos de francotirador,van directos ao corazón e penetran nel, pola verdade do sentimento que transmiten, pola forza e expresividade das súas imaxes.
Un poeta fondo, emocionante, para lelo devagar e revisitalo a miúdo.
E para coñecelo mellor, podedes ver o powerpoint feito por Elvira Roiz, aconsellada por Inés. A presentación que aparece aquí é a introducción, para ver as restantes partes premede nas ligazóns.
View more presentations or Upload your own.
MONFORTE
MADRID
CORUÑA 1
CORUÑA 2
E desde o cartel do marxe de "Vento Lois" podedes enlazar co artigo de Manuel Rei "Lois Pereiro: a extravagancia dun poeta periférico"
Compañeiras: este traballo é magnífico, digno do poeta que aínda agora é quen de facernos estremecer.
ResponderEliminarComo ben di o mestre Beni, é unha prsentación magnífica. Parabéns.
ResponderEliminarExcelente!
ResponderEliminarVouno pór na nosa páxina de recursos.
Parabéns a quen traballou con tanto mimo e tanta profesionalidade!
Loisón tamén gostaria. Parabéns e grazas por partillar.
ResponderEliminarFermosísimo traballo. Os meus parabén a tanta dedicación e tanto bo xeito amosado. Animo e a seguir facendo presentacións tan atractivas.
ResponderEliminarInsertareino no noso blogue de aula.
Un saúdo e grazas polo material que poñedes ao alcance de todos. Víctor.
Marabilloso traballo. Co voso permiso, colgareino no blog da nosa biblioteca.
ResponderEliminarUn saúdo
Bicao
É un traballo marabilloso. Co voso permiso ofrecereille este traballo ao Dept.de Lingua e Literatura Galega.
ResponderEliminarUn saúdo.
Covaterreña. Baiona.
Magnífico traballo! Ímósllo poñer ao noso alumnado de 4º ESO como remate de todo o que levamos facendo.
ResponderEliminarElisa. IES Pedras Rubias, Salceda de
Caselas.
Un traballo asombroso. Máis que excelente. Vouno colgar agora mesmo. É extraordinario.
ResponderEliminarSúmome aos parabéns que xa vos deron os demais compañeiros e compañeiras. Encantoume, e aos alumnos tamén.Colgámolo do Blogdasilva de Lousame.
ResponderEliminarAlguen pode decirme como se chama a cancion de fondo?
ResponderEliminar