Nos próximos días vaise estrenar no noso pais a película baseada no libro escrito por John Carlin sobre Nelson Mandela El factor humano: el partido que salvó a una nación, que comentamos nun post deste blog.
A película titúlase Invictus e está dirixida por Clint Eastwood con Morgan Freeman no papel de Nelson Mandela. Comezou a xestarse no verán de 2006 cando o autor do libro e Freeman coincidiron en casa dun amigo común e lle dixo: Sr. Freeman, tocóulle a lotería. Teño unha película para vostede. Freeman levantou un cella e lle dixo: Ah si. De que vai?" Explicoulle que sobre o libro que estaba escribindo nese momento sobre Mandela ao que lle contestou que levaba anos querendo interpretar ese papel.
Un ano máis tarde Freeman levoulle o guión da película a Eastwood. Despois de lelo dixo: Dios mío, encántame esta historia, non a coñecía, pero é magnífica. Eastwood chamó a Matt Damon para interpretar o papel de François Pienaar, o capitán da selección de rugby de Sudáfrica, que se apuntou inmediatamente e se puxeron en marcha.
Vinte meses despois, o 5 de maio do ano pasado, rodouse a última escea de Invictus. O tándem Eastwood-Freeman seguro que nos vai deparar unha boa película e por que non, un Oscar para Clint Eastwood, galardón que polo de agora se lle resiste e que o ten ben merecido.
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarXa sei que esto de contestarse un a si mesmo é un pouco raro, pero escribín o post sen ver a película Invictus. Agora que xa a vin, aínda que non está mal, penso que está demasiado volcada no partido de rugby e o libro é moito máis. Se alguén está dubidando entre ver a película e ler o libro, eu lle recomendo, por suposto, que lea o libro, é moito máis interesante.
ResponderEliminar