8 dic 2009



A pescuda da expiación

A nova novela(*) de Mateo Díez aparentemente é policíaca, pero en realidade utiliza a intriga e os costumes da novela negra para reflexionar sobre o tema dos remorsos e a conciencia. Non contén unha xeira de peripecias encadeadas que convertan a acción nunha trama labiríntica e interminable, máis ben a trama é posta ao servizo das meditacións, as lembranzas e os escrúpulos dos personaxes. Así van xurdindo as reflexións morais e o personaxe principal, o comisario xubilado Samuel Mol, que se autoimpón a tarefa de resolver un caso non resolto durante os seus anos de servizo, pregúntase pola posibilidade de tranquilizar eses remorsos da súa conciencia cando xa todo ocorreu e non pode desfacerse o que xa se fixo. El, que se moveu sempre entre a compaixón e a piedade polos demais, é incapaz de sentilas por si mesmo e embárcase nunha investigación entre recordos, testemuñas e mesmo pantasmas que o leven cara á redención dunha culpa que existe soamente para él.
Así pois, combinando o enxeño e a reflexión cun ritmo morno, vainos engaiolando a amenidade do relato e a sutileza das meditacións. O resultado é unha novela magnífica e sen dúbida recomendable.

(*)Luís Mateo Díez, (2009): El animal piadoso

No hay comentarios:

Publicar un comentario