29 oct. 2009

Primeira páxina


Un saúdo a tod@s desde o blogue da biblioteca Saturnino Hermida.
O blogue nace coa vocación de ampliar a biblioteca, facela sair dos seus muros e achegala a vós, os membros da comunidade educativa.
A biblioteca é o lugar onde habitan os libros, e coma tal, ten que ser un espazo de silencio, sosego e serenidade; o sitio máis axeitado para practicar a lectura e sentirse rodeado confortablemente deses amigos que conteñen todos os mundos e todas as viaxes, todas as historias e todos os soños. Pero ao mesmo tempo a biblioteca quere ser un espazo estimulante, que dea pulo á curiosidade e ao descubrimento, e á utilización das novas tecnoloxías.
Se a lectura é a meirande parte das veces un pracer individual, con este blogue queremos compartir con vós as sensacións, as opinións, as inquedanzas que esas lecturas provocan.
Tranquilidade e dinamismo, individualidade e colectividade, desexamos que a nosa bibliogueteca teña e atenda as dúas caras, só aparentemente opostas, pois todo cabe no mesmo espazo, real e virtual.
De novo benvid@s e animádevos a participar.

2 comentarios:

  1. É grato que haxa este dinamismo, que se coñeza unha biblioteca como esta, unha das mellores alfaias de Ferrol.

    ResponderEliminar
  2. Felicidades pola iniciativa do blog, esperando que sexa un lugar de encontro para todos.

    ResponderEliminar