Parafraseando a Blas de Otero, o día 30 de xaneiro, día escolar da Paz e Non Violencia, os alumnos de primeiro pediron a Paz e a palabra para ler fragmentos e poemas sobre a paz: Masa de César Vallejo, Vaguedás de Rosalía de Castro, Soldado sí de José Agustín Goytisolo, Eu tiven un soño de Martin Luther King e un longo etcétera.
Destacamos a lectura dramatizada do Poema nuclear de Celso Emilio Ferreiro, representada colectivamente por todos os alumnos de primeiro C.
Tamén tivemos ocasións de ver presentacións de powerpoint con fondo musical, e para rematar moitos alumnos fixeron voar as frases sobre a paz que eles mismos escribiran uns días atrás e que servían de pano de fondo ás lecturas.
Blogue da Biblioteca "Saturnino Hermida" do I.E.S. Concepción Arenal (Ferrol). Email:biblioteca.saturninohermida@gmail.com biblioteca.ies.concepcion.arenal@edu.xunta.gal
10 feb 2015
3 feb 2015
O club de lectura continúa de forma exitosa

Fahrenheit 451
Bradbury construye una cárcel social y encierra en ella a sus personajes, retándolos a liberarse.
Pero Fahrenheit 451 es mucho más que una simple novela distópica:
es una maravillosa reflexión nutrida en el entorno del protagonista,
y que gotea entre sus monólogos hasta acabar encharcándonos.
Lara Castro (1ºBach)
29 ene 2015
Cancións para unha data
Dende 1964, para conmemorar a morte de Gandhi, celébrase o 30 de xaneiro o
Día Escolar da Non Violencia e da Paz, recoñecido pola UNESCO en 1993.
Para festexar este día faremos na biblioteca un mural con pombas pola paz,
no que participará o primeiro ciclo da ESO. Deixamos cancións para que
escoitedes.
Imagine, John Lennon
Heal the world, Michael
Jackson
Rosa de la paz, Amaral
Paz, paz, paz, Juanes
Que canten los niños, José Luis Perales
Moving, Macaco
We are the world, Michael
Jackson
Pride (in the name of love),
U2
Un paso hacia la paz, Carlos Vives e Iván Benavides
Solo le pido a Dios, Mercedes Sosa
Color esperanza, Diego Torres
Medalla de cartón, Fito & Fitipaldis
Papeles mojados, Chambao
Queremos paz, Mana
La paz, Falsalarma (con Frank-T)
Una canción para la paz, José Luis Perales
No dudaría, Antonio Flores
Agardamos recibir as vosas pombas na biblioteca.
19 dic 2014
Bo Nadal e Boas lecturas
1º Lidia González Teijido
2º Aldara López Teijeiro
3º Nerea Otero Ferreiro
Moitas felicidades!!!!!
Animamos a todos vós que vexades a exposición das tarjetas na biblioteca.
E que aproveitedes a consultar tamén a proposta de lecturas para o nadal, exposta á entrada da mesma.
É un tempo de boas lecturas!!!
Dende a biblioteca unímonos aos desexos da Anpa e queremos
felicitar estas festas a todos os profesores, usuarios e alumnos
do centro.
Bo Nadal e Feliz Aninovo 2015
17 dic 2014
Felicidades Laura
O mércores 10 de decembro, o Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade entregou na Casa Galega da Cultura de Vigo os premios do concurso "Imaxes con fondo", no marco das IX Xornadas de Cooperación.
A alumna de bacharelato do noso centro, Laura Díaz Martínez, conseguiu un galardón nesta edición, con imaxes que competían con outras 93.
Na categoría xuvenil o xurado formado por especialistas en cooperación e fotoxornalistas, pedían fotos que fixeran referencia ao lema "A solidaridad da sentido ás nosas vidas".
A nosa alumna Laura quedou en segunda posición con "Fondo mariño" e o chío: "Toneladas de lixo son tiradas ao mar en todo o planeta, isto supón cambios negativos para as especies que viven nel".
Felicidades Laura
11 dic 2014
Gañadores do concurso "Os xardíns do instituto, unha ollada persoal"
O equipo de dinamización da biblioteca e o departamento de debuxo convocaron un certame de fotografía e ilustración co tema "Os xardíns do instituto, unha ollada persoal"
O alumnado participante esforzouse por captar os pequenos detalles, as distintas perspectivas, as luces, texturas, cores,…mostraron a sua visión persoal do xardín.
Os traballos premiados, así como os seleccionados están expostos na biblioteca.
1 dic 2014
Un lazo de sensibilización
Un gran lazo morado adornou a biblioteca ao longo da pasada semana.
En colaboración cos titores, os alumnos da ESO adicaron un tempo a colocar nun panel letras de cancións, citas célebres, e frases feitas por eles. A través desta actividade tomaron conciencia de que a violencia de xénero esta presente hoxe en día de moitas formas, a veces descoñecidas.
O obxectivo deste recurso era potenciar a tolerancia, eliminar a linguaxe sexista, poñer en valor as experiencias das mulleres, etc.
Os alumnos traballaron esta actividade escoitando cancións e visualizando vídeos que axudaban a prevenir a agresión física e o maltrato psicolóxico.
Para despois dar rienda solta a súa espontaneidade e a súa creatividade por medio da escritura e cunha mensaxe sinxela:
Non á violencia de xénero.
27 nov 2014
Un novo capítulo do noso club de lectura
Un grupo de alumnos de 4ºESO e Bacharelato participou nunha nova sesión do club de lectura "Ler a todo filispín". Sesión que presentaba nesta ocasión Marian Calvo, responsable desta actividade, quen fixo unha selección de narrativa breve de Cortázar, Quiroga, García Márquez e Murakami.
A participación dos alumnos foi moi activa, con comentarios e conversas
moi interesantes sobre os diversos temas que xurdiron a partir da lectura.
18 nov 2014
Cancións para unha data.
O próximo 25 de Novembro é o Día Internacional
contra á Violencia de Xénero. A biblioteca invita a que traballedes este ano
este tema dende a música. Para iso, aquí vos deixamos un listado de cancións
que podedes atopar en Youtube.
"Salir
corriendo"- Amaral
"Ángel de
amor"- Maná
"Manos al
aire"-Nelly Furtado
"Que
nadie"- Manuel Carrasco y Malú
"Y en tu
ventana"- Andy y Lucas
"Caperucita"-
Ismael Serrano
"Lo que Ana
ve"- Revólver
"María se bebe
las calles"- Pasión Vega
"El club de
las mujeres muertas"- Víctor Manuel
"Hoy por
mi"- Efecto Mariposa
"Verbo
sufrir"- El Barrio
"Mirando
pa'ti"- El Arrebato
"Se acabaron
las lágrimas"- Huecco
"Hasta que la
muerte nos separe"- Melendi
"Pobre
Sara"- Los Suaves
"Malo"-
Bebe
"Nanai"-
Mala Rodríguez
"La bella y la
bestia"- Porta
"¡Ay!,
Dolores"- Reincidentes
"Ellas
denunciaron"- Def con Dos
"Violencia
machista"- Ska-p
"El final del
cuento de hadas"- El Chojin con Lidia Rodríguez
"Behind the
wall"- Tracey Chapman
"Luca"-
Suzanne Vega
Con esta escolma
tentamos recompilar distintos estilos para que podades escoller.
Esperemos sexa
do voso agrado.
12 nov 2014
Visita á Biblioteca Municipal
e os servizos de préstamo e reprografía. Tamén nos amosaron os distintos espazos da mesma: a área infantil, a hemeroteca, a sala de exposicións, a sala audiovisual e o arquivo.
Finalmente as visitas resultaron moi interesantes para os participantes e dende aquí queremos agradecer o esforzo e boa atención do persoal da Biblioteca Municipal. ¡Moitas grazas!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
%2B01.02.57.png)



