22 may 2025

VISITA MANU CARBAJO

Este martes, día 20, visitou o noso centro o escritor Manu Carbajo que mantivo un encontro co alumnado de 3º da eso, que neste terceiro trimestre estivo a ler o seu libro "Gritarán mi nombre".
O autor tamén visitou a nosa biblioteca, ocasión que aproveitamos para que nos adicara o seu libro e firmase no noso "libro de honra". 




FESTEXANDO AS LETRAS GALEGAS


 Para conmemorar o Día das Letras Galegas, o EDLG levou a cabo un obradoiro de pandeireta a cargo de Sara Fraga Pérez. Asemade, tivo lugar un festival no que o alumnado participou realizando bailes tradicionais, cancións populares, recitado de poemas... A todos os participantes se lles agasallou cun chaveiro en forma de pandeireta realizado coa impresora 3D do instituto.






12 may 2025

LETRAS GALEGAS 2025

 

Este ano 2025, o día das Letras Galegas estará adicado ás Cantareiras e á poesía popular oral. Para esta data tan señalada, a nosa compañeira Elvira realizou esta marabillosa  presentación  sobre estas figuras da nosa cultura. Esperamos que vos guste. 


PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO

28 abr 2025

"UNHA CARÁTULA DE CINE"

 Despois de recibir numerosos traballos, a decisión final estivo moi repartida.

Para esta ocasión, o traballo gañador resultou ser: 

Traballo de A. García del Río (3ºESO B)

Lembrade que todos os traballos presentados están expostos na biblioteca.

MOITOS PARABENS A TOD@S OS PARTICIPANTES!

23 abr 2025

DÍA DO LIBRO

 Seguimos a voltas co tema do cine. Nesta ocasión, co gallo da celebración do Día do Libro, amosámosvos unha presentación cunha selección de películas cuxo tema principal xira ao redor do mundo do libro e o oficio de escribir. 

Todas elas están dispoñibles na biblioteca esperando a que vos animedes a visualizalas.

24 mar 2025

CHARLA DE PRIMEIROS AUXILIOS

 O pasado mércores 19 de marzo tivo lugar unha charla sobre primeiros auxilios a cargo de Protección Civil á que asistiu alumnado de ciclos. Foi unha experiencia moi fructífera na que a rapazada aprendeu nocións básicas coas que defenderse en diversas situacións de emerxencia.

Agradecemos dende aquí a Javier o seu traballo e boa sintonía co alumnado.




13 mar 2025

8 M: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 Para esta data señalada, o departamento de Francés realizou un concurso sobre actrices francófonas: O alumnado participante deixou mostra da súa creatividade nos seus traballos escritos en francés e en galego. Parabéns a tod@s!

Os carteis están expostos na biblioteca xunto cunha exposición sobre películas que versan sobre a figura de distintas mulleres en diversas épocas históricas e disciplinas.


 


25 feb 2025

DÍA DE ROSALÍA

 O EDLG e o departamento de Lingua Galega organizaron para  a ocasión un concurso de chapas sobre a figura de Rosalía de Castro que se distribuíron ao día  seguinte á súa celebración. As obras resultantes deixaron de manifesto a creatividade e a arte que hai nos nosos pequenos artistas.

Os traballos do alumnado premiado están expostos na Biblioteca, aínda que a participación foi moi alta. Parabéns a todxs!


17 feb 2025

ENTREVISTA CON ANUSKA MOSQUERA

 Para conmemorar o Día Internacional da muller e a nena na ciencia, este venres día 14,  contamos coa presenza de Anuska Mosquera, exalumna do noso centro e doctora en Enxeñería Química. No programa "De 0 a 100", que realiza La voz de Galicia en colaboración coa Consellería de Educación,  falou do Proxecto PRETENACC, que ten como finalidade desenvolver unha biotecnoloxía para producir bioplásticos a partir de residuos, neste caso aceites vexetais, capaces de substituír o plástico derivado do petróleo.




13 feb 2025

TEATRO EN FRANCÉS

 

Este luns 10 de febreiro, o alumnado de francés de 3º e 4º de ESO asistiu a unha obra de teatro da compañía BHM dedicada aos recordos de Etienne, científico con problemas de memoria, facendo referencias a Jules Verne, Georges Meliès ou O Principiño. 

Resultou unha experiencia moi gratificante para tod@s!