Queremos darvos as grazas a tod@s pola vosa colaboración para a elaboración deste conto de Samaín 2018. Coas vosas frases logramos compoñer esta pequena historia onde recoñeceredes algunhas das vosas aportacións apocalípticas...
Blogue da Biblioteca "Saturnino Hermida" do I.E.S. Concepción Arenal (Ferrol). Email:biblioteca.saturninohermida@gmail.com biblioteca.ies.concepcion.arenal@edu.xunta.gal
3 dic 2018
Conto de Samaín 2018
Queremos darvos as grazas a tod@s pola vosa colaboración para a elaboración deste conto de Samaín 2018. Coas vosas frases logramos compoñer esta pequena historia onde recoñeceredes algunhas das vosas aportacións apocalípticas...
28 nov 2018
25 N: Romeo e Xulieta
O alumnado de Artes Escénicas, coa axuda da súa profesora Belén Roca, elaborou o guión e representou unha pequena obra sobre o tema da violencia de xénero que podedes ver a continuación. Parabéns e grazas a tod@s os que fixeron posible que hoxe poidamos gozar desta peza.
23 nov 2018
Día contra a violencia de xénero
Con motivo desta data, durante a próxima semana no vestíbulo estará colocado un panel no que poderedes deixar as vosas mensaxes de rexeitamento. Non esquezades poñer o voso nome porque as mensaxes "máis curativas" recibirán un pequeno agasallo. PARTICIPADE!!!
16 nov 2018
Novembro, mes da ciencia en galego
Xa que este curso estamos a traballar o tema do mundo animal, aproveitamos que novembro é o mes da ciencia en galego para deixarvos este cartel cunha selección de libros nos que atoparás información e fermosas ilustracións sobre distintos tipos de animais.
Aproveitamos tamén a ocasión para invitarvos a participar un ano máis no Concurso de ilustración do marcapáxinas-calendario, do que podedes consultar as bases aquí.
PARTICIPADE!!!O GAÑADOR VERÁ A SÚA OBRA PUBLICADA!SORTE!
9 nov 2018
II Certame cómic contra a violencia de xénero
Un ano máis queremos convidarvos a participar nun novo certame de cómic contra a violencia de xénero, que como xa saberedes ten lugar o día 25 de novembro. Deixámosvos aquí o cartel coas bases de dito concurso. Se vos xurde calquera dúbida preguntade na biblioteca. ANIMÁDEVOS E TODOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO !
31 oct 2018
Samaín 2018
Neste samaín, os axudantes participaron na decoración da biblioteca así como algún profesor. Aquí tedes algunha mostra do traballo que quedou chulísimo. Moitas grazas a tod@s.
Ademáis queremos agradecer a colaboración do alumnado e profesorado na confección de predicións aterradoras para a nosa historia de terror que esperamos publicar nun "futuro non moi lexano".
22 oct 2018
Día das Bibliotecas Escolares
O mércores 24 celébrase o Día das bibliotecas escolares e con este motivo preparamos esta presentación cunha selección de escenas rodadas en distintas bibliotecas ou nas que as bibliotecas xogan un papel relevante.
Tamén preparamos unha serie de lecturas sobre triloxías que titulamos De tres en 3 e que vos recomendamos porque como amantes das bibliotecas gústavos moito ler e así triplicamos o voso gozo.
17 oct 2018
Visita de Manuel Núñez Singala

Onte tivemos a fortuna de recibir na nosa biblioteca a Manuel Núñez Singala, que veu ao centro a dar unha conferencia chamada "A lingua galega, unha oportunidade", á que asistiu con moito agrado o alumnado de segundo de bacharelato.
8 oct 2018
Convocatoria de mochilas viaxeiras:
Lembra que todavía te podes apuntar para acceder ás nosas mochilas viaxeiras.
Non o dubides! Esta viaxe levarate moi lonxe, nun mundo cheo de historias e fantasía que, de seguro, te vai encantar...
Esperámoste na biblioteca!
Para saber máis:
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/files/Diptico_mochilas_viaxeiras.pdf
3 oct 2018
Convocatoria Club de lectura e Axudantes de biblioteca
Suscribirse a:
Entradas (Atom)








