Blogue da Biblioteca "Saturnino Hermida" do I.E.S. Concepción Arenal (Ferrol). Email:biblioteca.saturninohermida@gmail.com
13 jun 2018
Actividades de fin de curso
Coa voráxine de fin de curso na que estamos tod@s, non tivemos tempo ata agora para reflectir as actividades levadas a cabo nos últimos tempos. Así que van agora todas de vez. Por orde de aparición:
Presentación sobre o Canto V da Comedia de Dante. Agradecemos a Marco e a E.O.I. poder ter gozado desta iniciativa.
III Encontros dos Clubs de lectura dos I.E.S Sofía Casanova e Concepción Arenal. Grazas a Pilar, Eva, Rosa e todo o alumnado participante polas súas entusiastas lecturas.
Entrega de premios do V Campionato do xadrez. Parabéns a tod@s @s participantes en especial @s gañador@s. Moitas grazas tamén a ANPA
22 may 2018
Exposición Poesía e Imaxe
Xa temos na biblioteca a exposición do 17º Certame Poesía e Imaxe, en galego sen filtro, entre cuxas obras hai algunhas feitas por alumnado do noso centro. Animádevos a visitala!!!
24 abr 2018
Letras galegas 2018
E por maio era por maio cando chegan as Letras Galegas, pero adiantámonos un cachiño para darvos a coñecer a figura da que é a cuarta muller na que recae esta honra.
E como o imos facer? Mediante unha das marabillosas presentacións da nosa colaboradora Elvira Roiz.
Letras 2018
View more presentations or Upload your own.
11 abr 2018
23 de Abril, Día do Libro
Aproxímase o Día do Libro, e para esta ocasión preparamos unha serie de lecturas con diferentes temáticas que non te deixarán indiferente e che darán que pensar.
Lembrade, tamén, que dentro das actividades da Semana da Ciencia que se están a levar no centro, na biblioteca temos expostas as Pirámides saudables feitas polo alumnado de 1º e 2º da ESO e unha serie de xogos e entretementos que vos farán darlle ao maxín.
21 mar 2018
Aires de primavera
Xa está aquí a primavera, e con este motivo dende a biblioteca fixemos unha pequena colleita de lecturas que teñen presente no seu título algunha flor.
Pasa pola biblioteca e leva algún libro para estas vacacións que están a piques de comezar.
Pasa pola biblioteca e leva algún libro para estas vacacións que están a piques de comezar.
7 mar 2018
Día da muller II: O oito de marzo
E para completar a entrada anterior, unha presentación de powerpoint, feita pola nosa amiga e colaboradora Elvira Roiz, na que poderedes atopar cando e como xurdiu a celebración deste día e distintos acontecementos que marcaron unha inflexión na historia das mulleres, así como nomes e feitos, pouco coñecidos en xeral, das pioneiras en loitar polos dereitos das mulleres.
View more presentations or Upload your own.
2 mar 2018
Día da muller: Mulleres con historia
O vindeiro xoves 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller, e con este motivo preparamos unha presentación con películas, que podedes atopar na biblioteca, protagonizadas por mulleres que merece a pena coñecer: raíñas, científicas, artistas, políticas...Profesionais algunhas e loitadoras todas, comprometidas coa difícil tarefa de mellorar a condición feminina.
Muller e cine
View more presentations or Upload your own.
21 feb 2018
Entroido 2018
Recuperamos a tradicional representación e concurso de comparsas e disfraces, gozando así dun animado entroido.
Aquí deixámosvos unha pequena mostra das mascaradas.
ENTROIDO 2018
View more presentations or Upload your own.
16 feb 2018
Charla sobre Ángeles Alvariño
O pasado día 11 de febreiro conmemorouse o Día da Muller e a nena na Ciencia. Con este motivo, na biblioteca tivo lugar unha charla que levou por título: "Unha muller científica: Ángeles Alvariño". Charla a cargo de Mª José Leira, ex-profesora do centro e sobriña da devandita científica.
2 feb 2018
Lecturas para o Entroido
Aproxímase o Entroido, tempo de enchentes e troula, pero tamén, por que non, de lectura. Así que para esta data elaboramos un tríptico ao que chamamos Literatura con sabor, con recomendacións lectoras de tema culinario. Esperamos que sexa do voso interese.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







