15 mar 2017

14 de Marzo. ( Día do número Pi )

Fantástico!, é o resultado desta primeira celebración que fixemos  este ano do día do número Pi.

Os alumnos de Matemáticas de 1º ESO e Bacharelato, presentaron a concurso tartas e sobremesas elaborados por eles, baixo o lema do "número Pi".

Asemade, os alumnos de 1º Bacharelato, fixeron unha pequena representación para explicar a todos os presentes o significado deste número tan coñecido.

Esperamos repetilo o ano que vén! Grazas ao departamento de Matemáticas e ao seu alumnado polo traballo!

A Biblioteca non podía estar máis chea!
Todas as sobremesas que participaron

Os premiados do concurso.


Os alumnos de 1º BAC trala súa explicación do número Pi.

8 mar 2017

8 de Marzo

Con motivo do Día da Muller e a nena na Ciencia, que foi o 11 de febreiro, queremos mostrarvos dende a biblioteca unha presentación feita polo alumnado de ciencias de diversos cursos  que recolle as grandes aportacións de mulleres neste campo.

Que mellor día que hoxe para mostralo!

Asemade, tamén vos deixamos aquí un tríptico con material para conmemorar este día tan importante.


Esperamos que vos gusten!







24 feb 2017

24 de febreiro

Para festexar esta data tan especial, o "Día de Rosalía", o Equipo de Normalización Lingüística e o Equipo da Biblioteca, organizamos un recital no que colaborarou o  alumnado de 1º e 2º BAC.




Asemade, con motivo desta data, na biblioteca tedes exposta unha selección das obras desta autora.

Esperamos que vos anime a coller os seus libros!

E....Feliz Entroido!!!!


14 feb 2017

14 DE FEBREIRO!

O Equipo de normalización lingüística, en colaboración coa biblioteca, fixo un excelente traballo co seu alumnado de 3º ESO para celebrar este día, e así de fermoso quedou o resultado.

Grazas polo esforzo e parabéns!


3 feb 2017

Día dos namorados!!

Moi cerca está xa esa data que para moitos é das máis importantes. E, para dar un pulo a aqueles que queren demostrarlle o seu "amor" a alguén especial, este ano dende a Biblioteca temos corazóns para todos aqueles que queiran facer unha declaración de amor...

Participade e feliz día dos namorados!




27 ene 2017

DIA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Aproveitando que o día 30 de xaneiro celebramos o "Día escolar da non violencia e a paz", e que é tamén o "Día da Ilustración", elaboramos un tríptico con propostas que atoparedes na nosa biblioteca co mundo da "banda deseñada" como protagonista desta temática.


Esperamos que desfrutedes deles!

Lembrade que durante toda esta semana, poderedes colgar no "muro da paz" que poñeremos no vestíbulo, as vosas citas ou comentarios relacionados coa paz!



20 ene 2017

I CONCURSO INTERNACIONAL DE REPOSTERÍA

"Delicioso" é a palabra axeitada para definir este I Concurso internacional de repostería organizado pola biblioteca e a ANPA.

A participación foi moi ampla, colaboraron todos os departamentos de linguas,  e o resultado, como poderedes ver nesta presentación, espectacular!

Engadimos, asemade,  unha plantilla para que vexades como traballaou o noso alumnado.

Houbo varias categorías e moitos premiados, así que esperámosvos en próximas edicións!!!







                                                 



















20 dic 2016

RECOMENDACIÓNS DE NADAL (ARTE E CIENCIA)

Tomando como punto de partida o lema escollido polas Bibliotecas Escolares, este ano, as nosas recomendacións para Nadal xiran en torno á temática artística.

Este é o noso tríptico para vós!



Asemade, recordámosvos que na páxina web do centro temos Lecturas de Ciencia que poden ser moi interesantes para vós.

Este é o enlace:



Aproveitamos para desexarvos unha boa entrada no ano "primo" MMXVII 

¡FELIZ NADAL E BOAS LECTURAS!



16 dic 2016

OS MARCAPÁXINAS PROMETIDOS!!!


Recordade!!!

O Mércores 21!!
Primeiro recreo na Biblioteca...

Entrega dos premios aos gañadores!!





CATEGORÍA BACHARELATO

 Rocío Pérez López (2º Bach G)                                      Raquel Varela Fernández (2º Bach G)


CATEGORÍA SECUNDARIA


Mateo Palmeiro Permuy (1º ESO A)
Ana Belizón Freire ( 1º ESO A)



13 dic 2016

GAÑADORES DO CONCURSO DE MARCAPÁXINAS

Xa temos aos premiados do Concurso de Marcapáxinas deste ano! Agradecemos a todos a vosa participación. A elección dos gañadores estivo moi reñida, mostra da calidade dos vosos traballos.

Todos os traballos presentados estarán expostos na nosa biblioteca.

Nos próximos días colgaremos as imaxes. Agora, deixamos aquí  nomes dos premiados:

Categoría Bacharelato (1º premio compartido):


  • Rocío Pérez López (2º Bach G)
  • Raquel Varela Fernández (2º Bach G)

Categoría Secundaria :

  • 1º premio - Ana Belizón Freire (1º ESO A)
  • 2º premio - Mateo Palmeiro Permuy (1º ESO A)

Parabéns!!