Como unha das últimas actividades do club de lectura, os rapaces do 1º grupo visitaron "Metrópolis cómics".Esta saída viña a completar unhas sesións sobre banda deseñada organizadas polo profe Quico.
Na librería foron recibidos por Manuel, que lles tiña preparada unha pequena charla sobre os precedentes históricos do cómic:os xeroglíficos exipcios, a columna Trajana (117-134), que conta as victorias do emperador contra os Dacios, o primeiro manga moderno, dos inicios do século XX...
E despois unha tarefa moi divertida: sobre páxinas de cómic cos bocadillos baleiros, os nosos alumnos tiñan que inventar unha historia fixándose nas viñetas. Logo todos tiveron ocasion de intercambiar e ler o que fixeran os demáis
Algúns enlaces relacionados:
Historia do cómic nos países de Europa
Historia do cómic en Norteamérica
Historia do manga
Y publicada pola Xunta de Andalucía, esta unidade:
El cómic
visita a metrópolis cómics on PhotoPeach
Blogue da Biblioteca "Saturnino Hermida" do I.E.S. Concepción Arenal (Ferrol). Email:biblioteca.saturninohermida@gmail.com
4 jun 2014
20 may 2014
Unha actividade máis a realizar polas Letras Galegas. Elaboración dun marcapáxinas
As bases do concurso están expostas na entrada da biblioteca e nos taboeiros de anuncios.
¡ANÍMATE E PARTICIPA!
Como inspiración ou para ilustrar os marcapáxinas, propoñémosvos esta pequena escolma de frases escollidas polo profesor Manuel Rei:
1. O exemplo de Aquilino Iglesia Alvariño foi o que máis influíu na elección da lingua galega para escribir poesía, o que me determinou a escribir e publicar en galego.
2. ¡Galiza em min, meu Deus pan/ que me deron,/leite e centeo e soño de lus de/ aurora!
3. A min non me puderon anular, nin como escritor em verso.
4. Eu non me alonxei nunca de Galiza espiritualmente. Sempre estivo comigo.
5. Esta aspiración nace de considerar a poesía, a visión e a expresión poética do mundo como unha das máis outas e fermosas tarefas da creación humana.
6. Um paso adiante e outro atrás,/ Galiza/ e a tea dos teus sonos non se move.
Xosé María Díaz Castro (Guitiriz, Lugo, 1914 - Lugo, 1990) foi un tradutor e escritor español en lingua galega.
Ingresou no ano 1929 no Seminario de Mondoñedo, aínda que non se ordenou, e foi profesor en Madrid, onde se trasladou no ano 1948. Debido aos seus coñecementos de catorce idiomas traballou como tradutor no Instituto de Estudos Hispánicos e no Ministerio de Interior. Foi autor dunha única obra, o poemario Nimbos (1961), que influíu nos poetas en lingua galega posteriores, pola súa perfección e pola súa preocupación por Galicia e os problemas básicos do ser humano, a vida, a morte e o tempo.
Díaz Castro adoita ser encadrado dentro da Xeración de 1936 ao lado de poetas como Ricardo Carvalho Calero, Celso Emilio Ferreiro e Aquilino Igrexa Alvariño.
Nun dos seus poemas máis coñecidos, «Penélope», reflexiona sobre unha Galicia que permanece durmida, non desprezando, non obstante, a esperanza para a súa terra.
O 21 de xuño de 2013 a Real Academia Galega acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas do ano 2014
8 may 2014
Díaz Castro, Letras Galegas 2014
Achégase o Día da Letras Galegas e desde o IES
“Concepción Arenal” cumprimos relixiosamente, unha vez máis, co compromiso de
honrar a figura do homenaxeado. Na presentación que vén a seguir poderás
achegarte á vida e á obra do poeta
guitiricense Xosé María Díaz Castro (1914-1990).
25 abr 2014
23 de abril: Día Internacional do Libro e os Dereitos de Autor
Coma en anos
anteriores, Bibliotecas escolares agasállanos con este marcapáxinas con
texto orixinal de Paco Martín. Pódese descargar aquí.
Actividades organizadas pola biblioteca para celebrar o día do libro:
Comezamos
a semana cun cartel na entrada da biblioteca onde colocamos unha pregunta
"Por que se celebra o 23 de abril o día internacionl do
libro?". A comunidade
educativa tiña que responder e deixar no caixón de suxestión co seu nome.
Recital
de poesía : Confeccionamos a noso “Árbore poético”. Para a realización do mesmo
debuxamos unha silueta dunha árbore sen follas. O alumnado tiña que recoller ou
elaborar un poema nun papel de cor con forma de folla (actividade realizada na
aula con axuda do profesorado). O día do libro, fixemos a lectura en voz alta, na biblioteca e ían colocando na
árbore as distintas follas. Os poemas recollidos estaban en varios idiomas(
galego, castelán, inglés, francés...).Esta actividade
foi realizada polo alumnado de 1º e 2º
ESO, na que todos os participantes recibiron un agasallo.
O teu
libro favorito : Por outro lado, o alumnado de
3º e 4º da ESO, xunto con os seus mestres de lingua, fixeron unha reseña
sobre a lectura que máis lle gustou, que foi colocada no panel da biblioteca.
O
alumnado de 1º e 2º ESO participou ese día no pase dunha curtametraxe animada
“The fantastic flying books of Mr. Morris Lessmore”.
Os
outros grupos visionaron "Días de cine" de TVE celebraron o día do
libro do 2013 cunha reportaxe con escenas de películas nas que aparecen os
libros e a lectura, xa que este curso a nosa exposición temática está dedicada
ao cine e a literatura.
12 abr 2014
CORTÁZAR CUMPRE 100 ANOS
A avoa paterna da que escribe naceu alá na
Arxentina en 1914, como tantos e tantos galegos fillos de emigrantes. Ese mesmo
ano nace tamén o que estaba destinado a ser un dos arxentinos máis grandes, talentosos
e apaixonantes da historia, xunto a Gardel, a Borges, ao “Che”, a Piazzolla, a Quino e a varios máis (onde non falta algún
que outro futbolista). Pero en contra do que cabería esperar, este arxentino non
naceu no seu país: como unha das súas moitas rarezas, o escritor foi nacer como “consecuencia da diplomacia” na capital dos
belgas, unha turbulenta Bruxelas que acababa de ser ocupada polos nazis.
Pois ben, de non morrer inesperadamente -hai
xa 30 anos, seguramente dun aínda entón decoñecido sida que lle meteron nun hospital francés- o incombustíbel Cortázar, coñecido até entón como "Dorian Gray", tería cumprido
cen anos, motivo polo cal (e porque el o merece…), acometemos a presentación
que vén a continuación deste escrito.
O arxentino, parisiense de adopción, amosou
un sincero aprezo e admiración polo noso país. Como Cervantes no seu século, o que
foi un dos mellores escritores en lingua castelá do seu, apartouse cando se
ocupou de Galicia, empregando palabras rosalianas, das “vulgares preocupaciones con las que se pretende manchar mi país”.
Viaxeiro impenitente, veu en dúas ocasións a Galicia coa súa primeira muller,
Aurora Bernárdez, onde non faltou, por certo, unha visita a Ferrol. Sabemos que
gardou un gratísimo recordo da nosa paisaxe, das nosas cidades, da nosa
gastronomía, da nosa xente. De orixes
galegas, Aurora (unha muller culta e brillante, aínda viva, escritora e
tradutora como o seu home) mantivo con el unha afectuosa amizade logo de
divorciárense. Acompañouno nos seus ultimos días e herdou o seu interesantísimo
legado persoal (manuscritos, fotos, vídeos…), legado que doou recentemente ao Centro
Galego de Artes da Imaxe.
Cortázar mantivo sempre un estreito
contacto cos emigrantes e exiliados galegos que na posguerra desenvolveron un
inxente labor cultural na capital arxentina (xa sabedes, a “quinta
provincia”…). Foi na editorial “Correo Literario” fundada e dirixida por Luís
Seoane, Arturo Cuadrado e Lorenzo Varela, onde Cortázar publicou o seu primeiro
conto, “Bruja”. O arxentino mantivo una entrañable amizade con Lorenzo Varela,
así como con Dieste (a quen admiraba polos seus relatos e de quen moi ben puido
ter recibido influencias), e máis aínda con Seoane e a súa dona, Maruxa. E foi Francisco
Porrúa, natural de Corcubión, o seu ousado editor (a publicación da agora
mítica “Rayuela” semellaba, a todas
luces, un desatino…). Seguindo con
aquela ousadía. Editaría catro anos despois “Cien años de soledad”, que xa
rexeitaran dúas editoriais.
Conta Aurora que Cortázar se sentía moi
cómodo entre a nosa xente, e que a diferenza dos demais arxentinos nunca
empregou o termo de “gallegos” para referirse aos españois. Simpatizaba
connosco, quizais porque vía en nós certa semellanza cos seus amados “cronopios”,
aqueles criaturas saídas do seu fértil maxín, adorables "seres verdes y húmedos”, inxenuos, idealistas, sensibles, irónicos,
extravagantes e pouco convencionais.
![]() |
| Julio Cortázar. Gravado de Luís Seoane. |
Ai, se soubese o arxentino da xenuína epidemia
de autoasfixia que padecemos!!!
Nesta ocasión, por unha vez e sen que
sirva de precedente, estimei máis oportuno non traducir os títulos nin as citas
orixinais, pois, aínda que“Rayuela” quedaría
estupenda como “Mariola”, apeteceume que
as magníficas palabras do “Grandísmo Cronopio”
non perderan un ápice da súa peculiar “arxentinidade”.
Porén, atrevinme a traducir este breve pero seductor poema de Papeles
inesperados (Alfaguara, 2009):
O
que me gusta do teu corpo é o sexo.
O que me gusta do teu sexo é a boca.
O que me gusta da túa boca é a lingua.
O que me gusta da túa lingua é a palabra.
Fermoso e suxestivo xeito de
expresar a súa paixón pola maxia do verbo. Cortázar, tamén na poesía, sempre cheo de sorpresas.
JULIO CORTÁZAR. UNHA APROXIMACiÓN.
JULIO CORTÁZAR. UNHA APROXIMACiÓN.
ENLACES Á BIOGRAFÍA DE CORTÁZAR
(cinco presentacións sen música, por algún problema con SlideBoom)
3 abr 2014
Enquisas "Hora de ler"
26 mar 2014
Entrega de premios do concurso de Comparsas
Xa sabedes que hai anos que celebramos o venres anterior ao Entroido un concurso de comparsas.
Esta é unha das actividades que conta con maior participación do alumnado, que loce a súa imaxinación ideando divertidas postas en escea diante dun entusiasta público, moito do cal está tamén disfrazado.
O día 14 tivo lugar na biblioteca a entrega de premios:
O premio á mellor actuación déuselle á comparsa "Ghostbuster".
O xurado decidíu que o mellor disfraz era o da comparsa "Omega".
E para rematar, pero non en terceiro lugar, xa que os tres premios son igualmente importantes, a mellor letra foi a escrita pola comparsa "Regreso al pasado".Os seus compoñentes son os que posan co seu diploma na foto.
13 feb 2014
Celebramos San Valentín con bicos DE PELÍCULA!!!
BIKOS de CINE
View more presentations or Upload your own.
Marcos Calveiro no "Concepción Arenal"
Marcos Calveiro volve ao noso centro. Estará connosco o vindeiro luns 17 de febreiro ás seis da tarde no marco do encontro "A literatura infantil e xuvenil na Biblioteca escolar", que organiza a CFR de Ferrol.
Actualizamos a presentación sobre a súa figura que fixemos tempo atrás para que teñas unha pequena información sobre a obra deste prestixioso e multipremiado escritor, moi lido no noso centro.
Actualizamos a presentación sobre a súa figura que fixemos tempo atrás para que teñas unha pequena información sobre a obra deste prestixioso e multipremiado escritor, moi lido no noso centro.
Marcos Calveiro
View more presentations or Upload your own.
19 ene 2014
DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA
" Non hai camiño para a paz, a paz é o camiño" Mahatman Gandhi
GUÍA DE RECURSOS:
SEMINARIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA A PAZ
GUÍA DE RECURSOS:
SEMINARIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA A PAZ
Materiais para traballar o día da
paz 1º ciclo da ESO http://orientacionandujar.files.wordpress.com/2011/01/tutorc3adas-para-trabajar-la-semana-de-la-paz-actividades.pdf
http://orientacionandujar.files.wordpress.com/2011/01/tutorc3adas-para-trabajar-la-semana-de-la-paz-actividades-segundo-ciclo-y-bachillerato.pdf
Materiais de UNICEF
Materiais de UNICEF
DATOS E DATAS
http://www.igualdadevigo.org/datasedatos/datasedatos.html
Suscribirse a:
Entradas (Atom)









