15 jun 2026

LECTURAS PARA O VERÁN


Este 18 de xullo cumpriranse 90 anos do inicio da Guerra Civil Española e por iso, nesta ocasión, as nosas recomendacións de verán xirarán arredor desta temática.
 
Que teñades un feliz descanso e unhas fantásticas lecturas baixo a luz do sol e a brisa mariña!
Vémonos de novo en setembro.




 

2 jun 2026

DÍA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE

 Este venres, 5 de xuño, celébrase o Día Mundial do Medioambiente, unha conmemoración que brinda a ocasión para que toda a sociedade, tanto de xeito individual como colectivo, adopte medidas responsables orientadas á protección do medio ambiente. 

Nesta ocasión queremos reinvindicar a figura da "heroína" Wangari Maathai, exemplo  para moit@s na loita polo medioambiente e o emponderamento feminino.




22 may 2026

CHARLA E VIDEO SOBRE BEGOÑA CAAMAÑO


Este pasado martes pola tarde, a nosa compañeira Elvira mantivo un encontro con alumnado do instituto para achegarlles a figura homenaxeada nestas Letras Galegas 2026.  Nesta ocasión,  proxectouse o marabilloso video que Elvira elaborou sobre esta figura. 

Agradecemos este momento tan especial para a autora do video e a súa colaboración desinteresada coa Biblioteca. Parabéns a este traballo!

PREME NA IMAXE PARA VER O VIDEO 


11 may 2026

LETRAS GALEGAS 2026

 A nosa pequena aportación á grande Begoña Caamaño, a autora homenaxeada este ano polo Día das  Letras Galegas.

Lembrade que podedes visitar a exposición que temos na Biblioteca dedicada á súa figura.



30 abr 2026

COUSAS DO DÍA DO LIBRO

 Neste fantástico día, o alumnado estivo a participar no obradoiro de lettering organizado para  a ocasión.

Descubrimos a grandes artistas e futuros profesionais desta habilidade. Parabéns a todxs!


E, finalmente, estos son os libros que algúns de vós salvaríades dun incendio para que o resto do mundo poidese lelos.


23 abr 2026

LECTURAS DO DÍA DO LIBRO 2026

 

Para festexar este día tan especial para todxs xs lectorxs, elaboramos este  tríptico de libros protagonizados por heroes e heroinas da literatura tantos reais e ficticixs.

Esperamos que vos gusten as nosas suxerencias dedicadas a todos os públicos!

 






20 abr 2026

ACTIVIDADES DO DÍA DO LIBRO 2026

 Para festexar o día do libro, imos realizar dúas actividades 

das que vos deixamos toda a información nos carteis seguintes:





Esperamos a vosa participación!







27 mar 2026

TORNEO DE XADREZ 2025/26

Onte, entregamos os diplomas de recoñecemento e os premios ao campión e subcampión do torneo de xadrez deste curso.
Parabéns a todos/as os/as participantes e esperómosvos o vindeiro curso para un novo torneo.
 

17 mar 2026

DESAFÍO GALEGO 2026

 Un ano máis, deu comenzo o 16 de marzo o Desafío galego que se prolongará ata o 27 de marzo co fin de visibilizar a nosa lingua entre a comunidade educativa. 

Este curso contouse co grupo galego De ninghures como padriños da iniciativa,  que actuaron no salón de actos ante un animado alumnado.

Animámosvos a facer uso da lingua galega no voso entorno, sexa profesional ou persoal e nas redes sociais, para amosar a riqueza lingüística que posuimos e para sentirnos un pouco máis galegos e galegas!



9 mar 2026

VISITA DO IES ANDRÉS LAGUNA DE SEGOVIA

 O martes 3 de marzo recibimos a visita de diversos compañeiros do IES Andrés Laguna situado en Segovia co que estamos a participar no programa Observa-Acción. Quedaron encantados co instituto e, en particular, coa biblioteca e cos fondos que aquí temos. Grazas pola vosa visita!


O alumnado participante na Radio do centro realizoulles unha entrevista que podedes escoitar no noso apartado Radio nas Aulas


ACTIVIDADES DO DÍA DA PAZ

Para festexar o Día da Paz e a non violencia, o alumnado de Literatura Universal elaborou estes marcapáxinas, cada un co seu nome e a frase "A paz é amiga do amor, comprensión e respecto", quedando así de xeitosos unha vez plastificados.


 Diverso alumnado de 3º ESO e 2º Bach realizaron unhas lecturas do poema "La primavera ha venido" de Rafael Alberti e "incertezas en tempos de guerra" de Elena Gallego Abad. Dámoslles as grazas pola súa colaboración:







 

30 ene 2026

LECTURAS DO DÍA DA PAZ


Para o día da Paz, realizamos un tríptico con lecturas que tratan sobre a inutilidade  e o absurdo dos conflitos bélicos, lecturas moi necesarias dado os tempos que estamos a vivir. Por un mundo de PAZ!





19 dic 2025

LENDO NO NADAL


Para este período de descanso navideño, lembrade encher os vosos momentos de lecer coas lecturas que aquí vos queremos recomendar. Felices Festas a tod@s e que no ano novo vexades cumpridos todos os vosos desexos!


 

Parabéns ás gañadoras do noso concurso de marcapáxinas ás que entregamos onte o premio.

Grazas a tod@s por participar nesta edición!







16 dic 2025

CERTAME MARCAPÁXINAS

Tras unhas votacións moi axustadas, dada a calidade dos traballos presentados, aquí tendes os traballos premiados no certame de marcapáxinas deste curso. 

Parabéns as catro rapazas finalistas e moitas grazas a todo o alumnado participante nesta actividade.



 

25 nov 2025

ACTIVIDADES PARA O 25N

 Para darlle visibilidade a este día e promover a participación do noso alumnado, durante esta semana levaranse a cabo diversas actividades entorno a esta data.

Por unha banda o alumnado que colabora na radio do IES Concepción Arenal realizou unha entrevista para concienciar  sobre esta problemática. Deixamosvos aquí o enlace para que a escoitedes e anunciarvos que creamos unha nova sección onde teredes á vosa disposición as gravacións realizadas polos participantes da radio.

PREME NA IMAXE

Por outra banda, facemos un chamamento á participación do alumnado e profesorado na elaboración dun mural onde deixaremos as nosas mensaxes de rexeita da violencia de xénero. Esperamos a vosa colaboración.

 





21 nov 2025

CONCURSO MARCAPÁXINAS

Como ven sendo habitual desde hai anos, xa temos en marcha o certame para a elaboración do marcapáxinas-calendario deste curso 2025-26. Aquí vos deixamos o cartel con toda a información. Para calquera dúbida pasade pola biblioteca.
Esperamos con impaciencia os vosos traballos.

 ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!



13 nov 2025

APRENDENDO COA CIENCIA

 Este martes, 11 de novembro, dentro das actividades programadas para festexar o mes da ciencia, a biblioteca acolleu dúas iniciativas:  Unha charla sobre a Doazón e transplante de órganos dirixido ao alumnado de 1º de bacharelato da materia de bioloxía, e un obradoiro con experimentos, xogos, pasatempos...a cargo do alumnado do Ciclo medio de laboratorio e na que participou a rapaza de 1º da eso.


  







30 oct 2025

FELIZ SAMAÍN

Para festexar este día cheo de monstruos, vampiros, meigas e outros seres terroríficos, organizamos 
unhas actividades propias destas datas que esperamos foran do voso agrado!
Bos días de descanso.!Vémonos á volta!

 


MOCHILAS VIAXEIRAS

Coincidindo coa celebración do Día das Bibliotecas puxéronse en marcha rumbo aos seus novos fogares as mochilas viaxeiras. 
Esperamos que supoñan un motivo de reunión e lecer para toda a familia.



21 oct 2025

24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS

 Para seguir coa celebración do Día das Bibliotecas, escollimos este artigo sobre as 10 bibliotecas máis bonitas do mundo co desexo de que algún día podades visitalas.

PREME NA IMAXE