20 dic 2021

Recomendacións Nadal

Rematando este primeiro trimestre, dende a biblioteca queremos desexarvos a tod@s unhas felices e merecidas vacacións. Aproveitamos a ocasión para deixarvos a nosa selección de lecturas recomendadas para este tempo de lecer... e lembrade que non é necesario manter a distancia de seguridade cun libro.  

BO NADAL!!!



16 dic 2021

Concurso de marcapáxinas 2021


  Xa podedes pasar pola biblioteca a ver os traballos presentados ao Concurso de deseño de  marcapáxinas.   Parabéns a tod@s  @s participantes e, en especial,  a Sara e Pepe, cuxas obras foron  as premiadas.




13 dic 2021

BICENTENARIO DO NACEMENTO DE FLAUBERT

O pasado domingo 12 de decembro celebrouse o bicentenario do nacemento do escritor francés Gustave Flaubert, figura emblemática do realismo francés. Aquí vos deixamos algúns datos da súa vida así como as obras que están dispoñibles na nosa biblioteca.


 

2 dic 2021

IN MEMORIAM

 Neste mes de novembro, que deixamos atrás, tivemos que lamentar o pasamento de dous grandes escritores: Darío Xohán Cabana e Almudena Grandes, aínda que sempre seguirán vivos para nós a través da súa obra.




 

 

25 nov 2021

25N: Día contra a violencia de xénero

 Para visualizar este día, elaboramos unha exposición especial coa axuda do grupo de voluntarios de biblioteca, así como alumnado de artes que prepararon as gafas que expoñen a mensaxe "CAMBIA A TÚA MIRADA: PONTE NO SEU LUGAR" tratando de fomentar a concienciación sobre este tema dos máis xóvenes.

O departamento de Orientación tamén organizou unha charla para previr a violencia de xénero co alumnado de 1º e 2º de ESO no salón de actos. 






15 nov 2021

CERTAME DE MARCAPÁXINAS 2021

 Como cada ano, vimos celebrando este certame de marcapáxinas dedicado este curso a "lugares e xentes do mundo". Aquí vos deixamos as bases para que sexades moit@s @s participantes. Esperámosvos!

Se tedes algunha dúbida, pasade pola biblioteca ou preguntádelle ao profesorado de artes.



11 nov 2021

BICENTENARIO FIÓDOR M. DOSTOIEVSKY

Hoxe, xoves día 11, cúmprense douscentos anos do nacemento do escritor ruso Fiódor Dostoievsky. Con este motivo vos amosamos este cartel con todas as obras que podedes atopar na biblioteca.


4 nov 2021

SAMAÍN 2021

 Como sabedes tod@s, este curso polo Samaín convocouse un concurso de cabazas e outro de relatos de terror, xunto cun "desfile" de ánimas representando cada unha delas a unha personaxe galega. Aquí vos deixamos o enlace na foto,  onde podedes atopar toda a información sobre estas actividades.

PREME NA FOTO



E este é un dos carteis que levaron as "ánimas". Sabes de quen se trata?

21 oct 2021

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 O 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas e con este motivo, elaboramos unha presentación con algunhas das bibliotecas máis "modernas" que podemos atopar en diversos lugares do mundo. Aquí vola deixamos para que as disfrutedes.


19 oct 2021

Un curso máis, co gallo de dar a coñecer a biblioteca ao novo alumnado de 1º de ESO, organizáronse sesións de formación para usuari@s. Aquí vos amosamos as imaxes da súa visita.

Grazas a tod@s pola vosa participación e esperámosvos pronto por aquí!

                                
1º ESO-A
  
1º ESO-B


 
  

     1º ESO-C

4 oct 2021

Efemérides setembro 2021

Neste mes de setembro,que acabamos de deixar atrás, celebrouse o centenario do nacemento dos escritores Carmen Laforet e Stanislaw Lem, así como os 700 anos da morte de Dante Alighieri. Con este motivo presentámosvos estes carteis nos que vos amosamos unha pequena reseña sobre as súas vidas, así como as obras que podedes atopar na biblioteca.





27 sept 2021

21 jun 2021

Recomendacións para o verán

Despois doutro curso atípico, rematamos a nosa andaina desexándovos que teñades un bo e merecido descanso nestas vacacións de verán, nas que esperamos que aproveitedes os vosos días para seguir lendo.

Esperámosvos á volta. FELIZ VERÁN A TODAS E TODOS!!!



14 jun 2021

O IMPACTO HUMANO SOBRE OS ECOSISTEMAS

 Os alumnos e alumnas de 4º de ESO traballaron sobre os ecosistemas e o cambio climático dos que nos fixeron partícipes e vos deixamos a mostra:


ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN

 Os alumnos e alumnas de 1º de eso elaboraron  diversas presentacións sobre animais  que están en perigo de extinción para concienciar á comunidade da súa necesaria protección. Dende a Biblioteca queremos eespoñer e agradecer o seu gran traballo  en prol do medio ambiente.

Aquí vos deixamos algunha mostra:



9 jun 2021

DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS

 O día 8 de xuño  celebrouse o Día Mundial dos Océanos. Para protexelos e coidar das nosas praias e mares, vos deixamos esta presentación realizada por unha alumna que amosa perfectamente o mal que estamos a facer...


7 jun 2021

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

 O pasado sábado 5 de xuño, celebramos o Día do Medio Ambiente. O noso alumnado realizou diversas fotos da impronta humana na natureza para concienciarnos de que debemos coidar a nosa contorna. Aquí vos deixamos unha mostra. Grazas pola vosa participación!


4 jun 2021

Visita de Antón Cortizas

 Este mércores, día 2, visitou o noso instituto Antón Cortizas Amado para  compartir con nós a súas experiencias como escritor. Reuniuse co alumnado de 1º da ESO, que este curso traballou coa súa obra "Leonel". Foron uns agradables intres de lecer polos que dende aquí lle damos as GRAZAS.



20 may 2021

ACTIVIDADE ESPECIAL MEDIO AMBIENTE

 



Dende a biblioteca estamos a organizar unha actividade para o día do medio ambiente (5 xuño) e o día dos océanos (8 xuño). Queremos concienciar  a tod@s  da necesidade de  protexer a natureza  e as nosas vilas manténdoas limpas da impronta humana. Pedimos a vosa colaboración para visibilizar este grave problema con fotos, montaxes fotográficas ou curtos da basuraleza que detectedes cando paseades polos montes, polas praias ou mesmo pola vila. 
Podedes participar tod@s (profesorado e alumnado) envíandonos as vosas fotografías (ou similar) indicando o voso nome e grupo e o lugar onde realizastedes o voso traballo... ao email da biblioteca. (biblioteca.saturninohermida@gmail.com)
A data límite será o 4 de xuño para poder realiza-la montaxe para esa semana "especial medio ambiente"
Agradecémosvos de antemán a vosa colaboración e participación.


10 may 2021

LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS

 Para celebrar este día tan especial para as nosas letras, deixámosvos as presentacións  elaboradas pola nosa compañeira e colaboradora Elvira, á que agradecemos o seu magnífico traballo.


4 may 2021

Emilia Pardo Bazán

 O vindeiro mércores día 12 cúmprense 100 anos da morte de Emilia Pardo Bazán. Autora prolífica escribiu máis de 500 obras en forma de novelas, contos, artigos e folletos. Hoxe en día está considerada como unha das precursoras do feminismo en España. 

Neste tríptico que preparamos podedes atopar os libros que temos dispoñibles na biblioteca así como unha serie de recursos para afondar na súa vida e obra.











3 may 2021

ALFABETO POLA SOSTIBILIDADE

 Hoxe presentámosvos os traballos realizados polo alumnado da materia de Deseño do Bacharelato de Artes que versan sobre o coidado do planeta, tema escollido para traballar ao longo do curso desde diferentes áreas curriculares.

Podedes tamén visitar esta estupenda exposición na biblioteca. Agradecemos o gran labor do alumnado e profesorado.



29 abr 2021

Día da Danza

En 1982 a Unesco estableceu o 29 de abril como o Día Internacional da Danza. Elixiuse esta data por ser o natalicio de Jean- Georges Noverre, innovador e estudoso desta arte, mestre e creador do ballet moderno.

Con este motivo, amosámosvos esta pequena selección de lecturas que tedes dispoñibles na biblioteca.

E recordade: QUE NON PARE O BAILE, NIN A LECTURA!!!







23 abr 2021

Booktubers cuarta parte

Con esta cuarta entrega de booktubers rematamos a celebración do Día do Libro. Grazas a tod@s pola vosa participación e imaxinación. ¡FELICES LECTURAS!

A partir do luns todos os que participástedes nesta iniciativa podedes pasar pola biblioteca onde vos agarda un pequeno agasallo.


  Gala. 1º Bac. H

                                                                  Jesús . 1º Bach. H

                                                                                                    

 

                                                            Uxía e Nuria. 1º Bach. H

                                                                    Michelle. 1º Bach. H

22 abr 2021

Booktubers terceira parte

Mostrámosvos  a terceira entrega de booktubers.

                                                                Hana e Ana. 1º Bach. H

     Aroa. 1º Bach. H

                                                                       Julia. 1º Bach. H
                                                        

                                                                   Sara e Iván. 1º Bach. H

21 abr 2021

Booktubers segunda parte

 Hoxe vos queremos amosar outra tanda de booktubers 

Carmen. 1º bach. G

                                                               Alexia. 1º bach. G

                                                                Andrea F. 1º bach.G

                                                                Andrea P. 1º bach.G

20 abr 2021

Booktubers primeira parte

 Desde a Biblioteca queremos agradecervos moitísimo a participación  dos booktubers que nos entregaron o seu traballo e a colaboracion do seu profesorado. Realmente observamos moita creatividade, humor e inxenio nas vosas mentes!

Aquí vos deixamos algunha mostra pero iremos publicando máis ao longo desta semana.


autora: Ariadna 1º bach H

autor: Lucas 1º bach H

autora: Judith 1º bach H





19 abr 2021

Día do Libro

 Arrincamos a semana do Libro recomendándovos "xeografías lectoras" coa temática elexida para este curso sobre medio ambiente. 

Estade atentos porque nos vindeiros días vos amosaremos os videos dos booktubers que participaron na iniciativa convocada para esta data.





9 abr 2021

200 anos con Baudelaire

 O 9 de abril,  celebramos o 200 aniversario do nacemento  do poeta francés, Charles Baudelaire, que queremos lembrar con este cartel. 




6 abr 2021

Buscamos Booktubers

Para o día do libro, buscamos BOOKTUBERS para a biblioteca, así que si estás interesado/ a, recoméndanos un libro grabando un vídeo curto e orixinal,  e déixao na biblioteca.

 A túa participación terá premio.

Grazas a tod@s pola vosa colaboración!


2 abr 2021

Día internacional do Libro Infantil e Xuvenil 2021

 Hoxe, 2 de Abril, celébrase o  Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, coincidindo coa data de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen. O obxectivo é despertar o interese e amor polos libros e  a lectura dos nenos e xóvenes e facer diso un hábito de vida.

En colaboración co departamento de francés, o alumnado de 4º de ESO realizou unha búsqueda de citas da obra "Le petit Prince" ou "O Principiño" de Antoine de Saint-Exupéry, lembrándonos que a lectura non ten idade e que este libro representa parte da nosa infancia. Aquí vos deixamos o traballo resultante.



4 mar 2021

DÍA DA MULLER: 8 MARZO

Festexamos o 8 de marzo propoñéndoos estas lecturas que amosan a loita da muller 

na procura da igualdade e do respeto da sociedade ao longo do tempo.

O camiño é longo pero paso a paso o conseguiremos. FELIZ DÍA!



25 feb 2021

Día de Rosalía 2


Aquí vos deixamos os poemas recitados por diferente alumnado do centro con motivo do Día de Rosalía. 
Grazas a tod@s pola vosa participación e á profesora María del Mar pola montaxe dos vídeos.












23 feb 2021

Día de Rosalía

Para o mércores 24 de Febreiro, levaranse a cabo as seguintes  actividades para festexar o día de Rosalía.



22 feb 2021

OBRADOIRO: Coidamos o planeta?

O pasado 12 de febreiro, celebráronsese uns obradoiros simultáneos para 1º e 2º  de ESO sobre diversas temáticas para fomentar no noso alumnado o coidado do planeta. Queremos agradecer a colaboración do departamento de Ciencias coa Biblioteca e darlle a noraboa ao alumnado de 2º de Bach (da materia de CTMA) que participou expoñendo o seu traballo e traballando a educación medioambiental cos máis pequenos.

 

    



10 feb 2021

San Valentín diverso e origami (caixa de corazón)

 O amor trascende as fronteiras marcadas por unha sociedade baseada, moitas veces, na tradición e no amor romántico. Para esta ocasión quixemos reflectir  as diferentes formas de amar que podemos vivir. Aquí vos deixamos a nosa selección


Tamén vos queremos propoñer unha manualidade para facer na casa ou na aula: 

unha caixa corazón con mensaxe para as persoas que queirades.

Aquí vos deixamos o enlace: https://youtu.be/CVYDSMNwlO0

se queredes participar coa biblioteca, seguide as instruccións:









8 feb 2021

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E NENA NA CIENCIA

 O próximo 11 de febreiro, celebrarase un ano máis o día internacional da muller e nena na ciencia. 

Coa finalidade de visibilizar o papel da muller na ciencia, elaboramos esta pequena representación de mulleres científicas galegas, aínda que hai moitas máis.


28 ene 2021

Cine pola paz

 O vindeiro sábado, día 30, celébrase o Día da Paz e a non violencia. Para esta ocasión seleccionamos algúns dos recursos audiovisuais que están dispoñibles na biblioteca. Esperamos a vosa visita!!!





20 ene 2021

Centenario Patricia Highsmith

Este 19 de xaneiro cumpríronse 100 anos do nacemento da escritora americana Patricia Highsmith, autora de relatos curtos e ensaios, coñecida fundamentalmente polas súas novelas de suspense psicolóxico e policiacas, moitas delas levadas ao cine. Aquí vos amosamos os libros que podedes atopar na biblioteca.