O martes 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas, unha data, que desde 1963 -co gallo do centenario da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro- está consagrada á promoción da nosa literatura e a nosa lingua. Desde a Biblioteca “Saturnino Hermida”, sumámonos á Festa das Letras e homenaxeamos ao elixido este ano, o grande poeta chairego Manuel María, cunha presentación divulgativa sobre a súa figura e a súa obra.
A presentación ten
83 diapositivas e, como leva moitas fotos e, a maiores, música, é posible que tarde un chisco en abrir (xa sabedes, os arquivos wav teñen moito peso…) , pero
paga a pena esperar para poder escoitar a Fuxan o Ventos e a Luar na Lubre. Así
que, tomádeo con calma e agardade uns segundiños. Dicía Rousseau: “A paciencia
é amarga, pero o seu froito é doce”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario