24 may 2016

LENDO A TODO FILISPÍN MANUEL MARÍA

O noso Club de lectura decidíu participar na iniciativa da Deputación da Coruña 
#OMeuManuelMaría somos nós, e Lara, Noa, Claudia e Marta leron o poema "Galiza".

Con todos os participantes montouse un video colectivo.
Deixovos  os dous videos para que poidades disfrutar dos versos do poeta:







13 may 2016

RADIO FILISPIM VAI...AO CONCEPCIÓN ARENAL

Como xa fumos avisando, este Martes, 10 de maio,  grabouse un programa especial de Radio Filispim na biblioteca do noso IES.



Este Sábado, 14 de maio, poderedes escoitalo en diferido de 19:00 a 21:00 horas (93.9 FM) e vía streaming en http://opaii.blogspot.com





Agradecemos dende aquí a todos os que participaron e fixeron posible o programa, e especialmente, a Mª José Campello, que foi a que ideou este evento!






8 may 2016

MANUEL MARÍA, LETRAS GALEGAS 2016



O martes 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas, unha data, que desde 1963 -co gallo do centenario da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro- está consagrada á promoción da nosa literatura e a nosa lingua. Desde a Biblioteca “Saturnino Hermida”, sumámonos á Festa das Letras e homenaxeamos ao elixido este ano, o grande poeta chairego Manuel María, cunha presentación divulgativa sobre a súa figura e a súa obra.

A presentación ten 83 diapositivas e, como leva moitas fotos e, a maiores, música,  é posible que tarde un chisco en abrir (xa sabedes, os arquivos wav teñen moito peso…) , pero paga a pena esperar para poder escoitar a Fuxan o Ventos e a Luar na Lubre. Así que, tomádeo con calma e agardade uns segundiños.  Dicía Rousseau: “A paciencia é amarga, pero o seu froito é doce”. 

6 may 2016

RADIO FILISPIM VAI

Este Martes, 10 de maio, ás 17:00 horas, Rádio Filispim Vai... fai o seu programa na biblioteca do instituto!!

Participará alumnado e profesorado de onte e de hoxe e estará amenizado pola vosa compañeira de bacharelato Layla (Laura Vizoso)

Esperámosvos!!


5 may 2016

SEMANA DO LIBRO


Con motivo do Día do Libro, e como xa fumos informando, dende a Biblioteca e os diferentes departamentos, fixemos varias actividades e exposicións no centro.

.




 Para conmemorar o IV Centenario da morte de Cervantes e Shakespeare, levouse a cabo un recital na Biblioteca no que colaboraron todos os departamentos de linguas, e no que se leron fragmentos dos dous autores en varios idiomas



Asemade, durante a semana pasada, tivemos a Sancho, O Quixote e Hamlet facendo representacións no vestíbulo do instituto e incluso na cafetería. Shakespeare e Cervantes tamén se quixeron asomar ás aulas a contar ao alumnado a súa azarosa vida.






Os rapaces de 1º e 2º ESO tamén colaboraron facendo uns murais estupendos coas súas profesoras de Lingua Castelá, dos que vos colgamos unha presentación para que os vexades todos.

Por todo isto, agradecemos a colaboración de todos os departamentos, profesores e alumnado.