Este é o cartel que a
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita todos os
anos para conmemorar o Día da Biblioteca (24 de outubro) e participar da
celebración do mes da biblioteca escolar que propón a IASL, o lema elixido
para este ano é:
LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR
Con este lema inténtase sensibilizar sobre a
importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos
ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia
Na entrada da nosa
biblioteca podedes ver unha miniexposición de fondos, de divulgación
científica.
Nestas datas estamos a realizar
actividades de formación de usuarios, e visitando a Biblioteca Municipal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario