Parabéns ás gañadoras do noso concurso de marcapáxinas ás que entregamos onte o premio.
Grazas a tod@s por participar nesta edición!
Blogue da Biblioteca "Saturnino Hermida" do I.E.S. Concepción Arenal (Ferrol). Email:biblioteca.saturninohermida@gmail.com
Parabéns ás gañadoras do noso concurso de marcapáxinas ás que entregamos onte o premio.
Grazas a tod@s por participar nesta edición!
Para darlle visibilidade a este día e promover a participación do noso alumnado, durante esta semana levaranse a cabo diversas actividades entorno a esta data.
Por unha banda o alumnado que colabora na radio do IES Concepción Arenal realizou unha entrevista para concienciar sobre esta problemática. Deixamosvos aquí o enlace para que a escoitedes e anunciarvos que creamos unha nova sección onde teredes á vosa disposición as gravacións realizadas polos participantes da radio.
Este martes, 11 de novembro, dentro das actividades programadas para festexar o mes da ciencia, a biblioteca acolleu dúas iniciativas: Unha charla sobre a Doazón e transplante de órganos dirixido ao alumnado de 1º de bacharelato da materia de bioloxía, e un obradoiro con experimentos, xogos, pasatempos...a cargo do alumnado do Ciclo medio de laboratorio e na que participou a rapaza de 1º da eso.
Para seguir coa celebración do Día das Bibliotecas, escollimos este artigo sobre as 10 bibliotecas máis bonitas do mundo co desexo de que algún día podades visitalas.