Rematamos un curso máis e despedímonos de tod@s vós ata setembro cunha serie de recomendacións lectoras para o verán. Dende a biblioteca queremos desexarvos...
MOI BOAS E MERECIDAS VACACIÓNS !!!
Blogue da Biblioteca "Saturnino Hermida" do I.E.S. Concepción Arenal (Ferrol). Email:biblioteca.saturninohermida@gmail.com
Rematamos un curso máis e despedímonos de tod@s vós ata setembro cunha serie de recomendacións lectoras para o verán. Dende a biblioteca queremos desexarvos...
MOI BOAS E MERECIDAS VACACIÓNS !!!
O noso instituto acaba de editar un libro a partir dun manuscrito inédito, atopado no arquivo do centro, do gran escritor Ramón Otero Pedrayo. Deixámosvos aquí o enlace de prensa onde atoparedes máis información sobre a noticia, e lembrámosvos que o libro xa está dispoñible na biblioteca para o seu préstamo.
Para lembrar esta data, presentámosvos este cartel no que recollemos unha pequena reseña sobre a súa figura e as obras coas que contamos na biblioteca.
O Día mundial do ambiente celébrase cada 5 de xuño desde 1972.
Moitos dos problemas medioambientais que afectan ao noso planeta veñen derivados do noso xeito de consumir. De feito, estímase que en 2050 faranos falta o equivalente a case tres planetas para conseguir os recursos naturais necesarios para manter o ritmo de vida actual.
Así que vos recomendamos unha serie de lecturas que vos permitirán coñecer o que ás veces hai detrás dos productos que mercamos e, ao mesmo tempo, vos poden axudar a levar unha vida máis sostible.
O planeta volo agradecerá!!!
Este ano, as Letras Galegas están dedicadas ao prolífico autor Francisco Fernández del Riego, un dos artífices da editorial Galaxia. Incansable traballador a prol da cultura galega, recibe este especial recoñecemento neste ano 2023.
Aquí vos deixamos a presentación realizada pola compañeira do departamento de galego, Elvira.
Coa idea de propiciar a participación de toda a comunidade educativa e como un acto de inclusión, desde o mércores 19 de abril, na biblioteca estase a desenvolver un obradoiro de lingua de signos.
Do martes 11 ao venres 21 de abril tivo lugar unha nova edición do #Desafío galego. Nesta ocasión apuntáronse 274 alumnos e alumnas de bacharelato e ciclos, que durante estes dez días comprometéronse ao uso da lingua galega entre as persoas participantes e a galeguizar as redes sociais.
Para esta edición contamos como padriño co youtuber Mario Brión, máis coñecido como "Olaxonmario", que realizou un obradoiro sobre creación cultural e dixital contemporánea en galego denominado "Gallaecia Pop".
A iniciativa rematou cunha convivencia no parque das Fraguas do Eume.
O vindeiro domingo, día 23, celebrarase o Día Internacional do Libro e dos dereitos de autor. Nesta ocasión, dende a biblioteca adicarémolo á escritura, poñendo en marcha as seguintes iniciativas:
*Concurso "Creapalabra": trátase de crear unha nova palabra e explicar o seu significado.
*Mostra na biblioteca de libros que xiran arredor da escritura e o arte de escribir.
*Recomendacións de libros recollidos no cartel que aquí vos amosamos.
E lembrade que os días 21, 22 e 23 poderedes visitar a Feria do Libro de Ferrol na Praza da Constitución (Cantón)